Xerardo AgraFoxo. Non sei cantas veces lin este libro, nin tampouco se o leron os filósofos de referencia deste CaféBarbantia, é dicir, os admirados Losada vs. Trasbach, pero sei que cantas veces me mergullo nas súas páxinas un calafrío me corre pola espiña. Nelas trátase a relación amorosa e intelectual entre Hannah Arendt e Martin Heidegger dende que se coñeceron na universidade de Marburgo en 1924. Naquel tempo ela era unha moza xudía de dezaoito anos e el, o seu profesor de trinta e cinco, ficaba casado, tiña dous fillos e estaba a escribir Ser e Tempo, a súa obra máis salientábel. Mentres ela se sente atraída pola vitalidade e intelixencia de Martín, el, asemade se deixa cativar pola admiración que lle profesa Seguir lendo Hannah Arendt y Martin Heidegger, de Elzbieta Ettinger
Arquivo da categoría: Narrativa
Touros en Ribeira
Fidel Vidal. En Ribeira, que eu recorde, xamais se viu unha corrida de touros. Os afeccionados a semellantes eventos, para satisfaceren os anhelos e celebrar, en vivo e en directo, a morte dun touro pola espada dun matador, previamente amansado chimpándolle un par de sacos de area segundo vai polo corredor e, xa na praza, un picador a lanzadas para despois marealo con capote e muleta, acudían a Pontevedra pola Peregrina, ou a Noia polo San Marcos. Non contando con praza axeitada, sexa esta fixa ou portátil, o que si había en Ribeira era unha “Peña” de afeccionados que idolatraban -non sei se esta é a expresión correcta- Seguir lendo Touros en Ribeira
Desculpando a túa cara
Marina Losada Vicente. Sentou enriba da mesa coa tranquilidade que dá vestir mallas deportivas, axustadas iso si, e moito, por non ocupar unha das poucas cadeiras libres da sala. Agardaban por ela media ducia de veciñas, con cadansúa pandeireta, é un home maior, que tomou asento, como atraído por un imán, mesmo fronte dela. Seguir lendo Desculpando a túa cara
Rosalía, Castelao e ti
X. Ricardo Losada. Unha das razóns de que ás veces dubide dos beneficios da lectura é a incapacidade de moitos intelectuais de dicirlles a verdade aos amigos sobre os seus libros e a irritación destes ante unha mala crítica ou un gusto diverxente. Hai unha anécdota de Proust moi significativa. Un amigo mándalle un libro para saber a súa opinión, e el contéstalle: «O que lin paréceme moi fermoso. Seguir lendo Rosalía, Castelao e ti