Pastor Rodríguez. Aínda que nado en Compostela en 1919, era orixinario de Rianxo e, na aldea de Brión, Leiro, pasou parte da súa nenez. Nunca a esqueceu. É grazas á rianxeira Raquel García Abuín, que se encargou de editar a súa poesía, Cantigas de aquén e alén mar, no ano 2015, nos Cadernos de Literatura Popular, por quen sabemos as vivencias deste emigrante. Dada a miseria na que vivían, súa nai marchou para Uruguai, e en 1930, dende Vigo, fóronse tamén J. Faustino e os seus avós. En Montevideo durmiron tres meses na rúa, pois non eran quen de caber onde vivía a súa familia; isto provocou a volta do avó só para Galicia de novo. Traballou dende rapaz nos oficios máis diversos, pero rematou por ser ebanista e aprenderlles a outros o oficio. Seguir lendo Jesús Faustino Rañó Rodríguez, amor á terra dende Montevideo
Arquivo da categoría: Narrativa
Tirar da cadea a tempo actual
Marina Losada Vicente. Tira da cadea! Cal cadea, avoa? Eu, que estou na obriga de dar resposta cabal, dígolle que perdoe, que me equivoquei, ao tempo que descargo a cisterna. O caso é que na próxima vez, volvo dicirlle o mesmo e claro, a nena Seguir lendo Tirar da cadea a tempo actual
Acordes

María Xesús Blanco. Doe. Nuns días sería o concerto en Leópolis. Doe moito.Varias semanas preparando a peza para piano en honor a Stefania Turkewich. E mira agora onde estamos. Nun vagón ateigado de anguria respirando este aire sen luz. Coidando da vida nun tren que nos leve a algunha parte. Irena leva horas calada. Seguir lendo Acordes
Deber de Baltar
Pilar Sampedro. Deber de Baltar é unha exposición comisariada por Pepe Barro e inspirada no libro, Un señor elegante, de Suso de Toro. Seguir lendo Deber de Baltar