Tirar da cadea a tempo actual

listado-de-bricolaje-sobre-arreglo-cisterna-wc-848x477x80xXMarina Losada Vicente. Tira da cadea! Cal cadea, avoa? Eu, que estou na obriga de dar resposta cabal, dígolle que perdoe, que me equivoquei, ao tempo que descargo a cisterna. O caso é que na próxima vez, volvo dicirlle o mesmo e claro, a nena, con esa súa frescura natural, sinala o meu erro. Penso en ir ao móbil, costume que empeza a preocuparme, e amosarlle a imaxe dunha cisterna antiga. En lugar diso, busco unha nova fórmula para corrixir a neta, cada vez que vai ao baño e se esquece do recado.

Preme o botón, demo de rapaza! Demo e inferno son temas que aínda non tratamos, polo que desboto a primeira ocorrencia. Non queres premer o botón? Carece de rotundidade. Preme o botón, que estou farta de dicilo! Pouco construtivo. Temos que premer o botón a fin de que a auga acumulada na cisterna baixe pola louza e sexa quen de levar a caca e o mexo. Preguntará que a onde e non sairemos dela. Preme o botón, anda, miña raíña! Raíña, ti que te negas a contarlle contos de princesas? Miraches como preme o botón teu curmán? Debo evitar comparacións. Preme o botón, que cho pido por favor… Botón?

5 comentarios en “Tirar da cadea a tempo actual

  1. Marina:
    Tirar de la cadena a tiempo, no todos lo siguen al pie de la letra.
    Tenemos a muchos que antes de entrar en el baño, habría que ponerles el letrero que, en una ocasión, leí en un váter y decía así: “No eres bombero, pero tienes “manguera”, así que apunta bien y no mees fuera”. Luego hay otras personas que cuando van a “defecar”, no les digas pulsa el botón, porque igual se creen que es el de la tele, y esto es peor que los de la “manguera”. Así que cuidado a la hora de usar ciertos términos. Tirar por la cadena era años ha, pero ahora más modernizados, pulsamos el botón.
    No tiramos de la cadena, ya que muchas personas con el “tirón” que pegaban, la argolla o tirador les quedaba en la mano.

    Como siempre, me gustó tu narrativa.

    Desde Palmeira, mi recuerdo

  2. Querida Marina:
    Cando te estaba lendo pensaba naquela frase de Ortega y Gasset, “Siempre que enseñes, enseña a la vez a dudar de lo que enseñas”.

    Moi boa entrada, Marina, sempre me fas esbozar un sorriso.
    Unha aperta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *