Arquivo da categoría: Narrativa

Zoar

salvMoisés Suárez. Escribo este texto no día internacional da poesía, os cabalos da foto son salvaxes e o destino píntano eólico. Galiza énchese de aspas zoando no ar porque o futuro require enerxía eléctrica. Nun pasado que foi futuro requiriu petróleo, noutro presas, noutro minas. Os futuros énchense de enerxía porque o capital necesita movemento para non fracasar. Seguir lendo Zoar

Angra dos Reis

6bXerardo AgraFoxo. Cando divisei o centro histórico, detrás do cal se adiviñaban uns curutos habitados, entrei na Oficina de información e turismo. Ao cruzar o seu limiar vin un cartel que me deixou abraiado. Con letras amarelas, sobre un fondo negro escuro, reflectíase unha explícita mensaxe: “Ajude o 33º BPM a combater o crime em Angra dos Reis. Denuncie. Criminosos. Escondedeiros. Seguir lendo Angra dos Reis

Os pezuños do Porviso

OLYMPUS DIGITAL CAMERANatividad Rey. Vin as luces acendidas da miña casa e, por fin, puiden alentar. Comecei a rezar por inercia mentres aceleraba o paso, mais as palabras atragoáronseme na gorxa. A gaña dunha árbore rabuñoume a fazula, mais non me detiven. Non podía sacar da mente os bruídos que ouvira entre o canaval da praia. Sabía que non debía ir soa por alí a esas horas da noite, mais fun. Seguir lendo Os pezuños do Porviso

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXV. Teresa de Xesús. Vilancico con “Gallejo”.

la-segunda-salida-de-santa-teresa-de-jesusRomán Arén. Na orixe, o vilancico, que vén de vilán, é unha canción popular, de entre tres e cinco versos, con temática profana que logo os poetas cultos glosan por medio dunha estrutura que parte do mote popular, ao que se engaden as mudanzas, un verso de enlace e un verso de volta ou retrouso que rima co vilancico popular. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXV. Teresa de Xesús. Vilancico con “Gallejo”.