Francisco Ant. Vidal Blanco. Visitando a catedral de Lugo, fronte a Nosa Señora dos Ollos Grandes, un neno de 10 anos tirou pola manga de seu pai e apuntoulle: «Ten unha teta de fóra». E a ninguén se lle ocorreu pensar que aquel cativo era indigno de entrar nunha catedral. Sen embargo, estoutro día, había un follón en Portugal porque despois de que máis dun cento de crianzas visitaran unha exposición de Robert Mapplethorpe, con algunhas escenas eróticas, houbo de dimitir o director e comisario da mesma, e colgaron o cartel de «Prohibido a menores de 18 anos», porque alguén non entendeu que un corpo nu non é malo, senón que a maldade está nos ollos de quen o prohibe.
Só onde goberna ou ten influencia o pensamento retrógrado, máis preocupado por prohibir ca por ensinar, hai este tipo de restricións entre o que se pode ver e o que non, como acaba de ocorrer no Brasil de Bolsonaro, onde hai artistas recibindo ameazas de morte e denuncias a través de grupos integristas por mor dos seus nus, chegando a acusar de incitador á pedofilia a un artista por amosar un corpo masculino tendido no chan dunha das salas do museo de Sâo Paulo.
A controversia entre os que piden o acceso libre ó museo e os que reclaman salas específicas para maiores de idade pode dar moito de si. Á fin a función do artista é sempre provocar o debate, transgredir, poñer as dúbidas sobre o lenzo, o mármore ou o papel. E certamente, algunha fotografía desa exposición pode ser demasiado escabrosa para quen non sabe ver máis aló da imaxe, pero non o é menos a representación do demo que pisa ó san Mateo da Mota (Arzúa), co seu pene vermello asomando entre as pernas e a quen pasean en procesión cada 21 de setembro. Aquilo que a uns ofende a outros admíraos, e non creo que haxa esta polémica sobre o prudente e o obsceno diante dunha macabra imaxe de guerra ou dalgún dos tétricos martirios narrados no santoral e espallados por todas as igrexas e museos do país con pretensións de proselitismo. Tal vez o problema está en que os pais responsabilizan ós educadores e os educadores reclaman a implicación dos pais nestes asuntos, sobre a liberdade de expresión e dereito de expresión, e uns por outros…
Efectivamente, Francisco. Cada cual ve lo que quiere ver y ello depende de la educación recibida en la infancia, ya lo dijo Freud. Y a pesar de que tu amigo Julio diga que el arte no es inocente, hay motivos suficientes para pensar que en la prehistoria la desnudez era cosa santa y espiritual.
En Cantabria, Burgos y Palencia hay muchas iglesias con iconografía sexual, es evidente que allí trabajaron canteros que iban de una iglesia a otra dejando sus imaginativas y bellas obras. Y hoy, las admiramos.
Decía un poeta latino: “Todo arte es una imitación de la naturaleza”. Por tanto, un desnudo, como por ejemplo el de la maja de Goya que nos regalas con el texto, es simplemente, naturaleza.
Besiños palmeiráns, Francisco. También para el amigo Julio.