Pautas na noite

hqdefaultMarina Losada Vicente. Houbo unha época en que non me pasaba; unha estadía anterior en que non me ocorrían estas cousas. Unha vida en que sentía que tragar, tolerar, sumar era a condición natural, en que a miña capacidade de almacenamento era enorme, todo metido para dentro, un depósito elástico que adaptaba forma e tamaño a canto entraba nel. Uns anos en que todo o que o cosmos me botase enriba, todo, tiña cabida en min.

Dentro do corpo, depósito temporal, a revoltura e o contraste dos diversos vertidos tiña unha fin case terapéutica. Sentíame superior; capaz; orgullo de meu. Podía con todas as magnitudes físicas que se puidesen cuantificar. Era quen de moer e moer as diversas substancias que o mundo pode crear para un corpo de muller audaz, independente, case que intrépida, propiedades da xuventude, esa eterna presenza na memoria.

Toda materia valía. De ser en estado líquido, era absorbida con certa devoción, por facilísima; a escasa cohesión da súa materia, que lle permite cambiar de posición en todo momento, adaptándose ao entorno que a recibe, un reflexo da propia personalidade dun eu moza en feliz ebulición.

484800_1A variable sólida da materia era recibida polo corpo con admiración, por contundente; as moléculas que a compoñen, grazas á súa forte cohesión, forman un bloque uniforme, duro contra as abatidas todas, como era o meu carácter, capaz de resistir empuxe tras empuxe, sen derrearme nin tropezar no precipicio que se abría a aqueles pés de muller adulta.

Mesmo o estado gasoso, coas moléculas tan pouco ligadas, era pracenteiro en si mesmo. Volátil coma ti mesma cando che deixan descargar as miradas e as presións alleas. De abrirse as comportas, o meu eu gasoso, é capaz de encher a estancia máis enorme de sons e olores intensos e apegados a min, ditosa madurez.

Máis iso acabou, como todo no tempo. Agora, seguramente, encolleume a vexiga, non digo que non. Encolleu a miña capacidade de aguantar, de adaptarme ao contido, de cargar con canto estorbo pode ter que lidar a diario unha muller no estado indefinido da posmenopausa.

Confirmo, houbo unha época en que non me pasaban estas cousas. Minguou o continente, si. En todo. É por iso polo que agora téñome que levantar dúas veces na noite para evacuar.

3 comentarios en “Pautas na noite

  1. A vida trae cambios a cada paso. Temos que andala como é. O que en tempos era deixou de ser. Cumpre saber que somos capaces de pequenos e tamén de grandes cambios. É se toca ter conta de canto bebes e a que hora deixar de beber… Ti xa me entendes Magdalena… Somos a suma de todas as mulleres cantas fomos. Bicos

  2. Buenas noches, admirada Marina:
    Ayer leí tu entrada desde el móvil una hora antes de llegar a un pequeño pueblo de Orense al cual hemos sido invitados a las jornadas de la matanza.
    Cuando llegamos al no citado pueblo, nos estaba esperando el anfitrión, porque desconocíamos el lugar donde estaba ubicada su casa. Después de dejar el bolso con los enseres pertinentes y necesarios, nos dirigimos al lugar donde el último gorrino pendía de un gancho sujeto al techo, y todo lo que había estado unas horas antes en su interior se encontraba encima del tajo. Allí estaba la anfitriona con una tripa delgada y muy larga vaciando su contenido con la ayuda de un vímio con el cual empujaba todo lo comprendido en aquellas vísceras. Cuando vi el final del proceso y lo que de aquel continente salía, me acordé del contenido de tu magnífico artículo y no pude aguantar la risa tal como me había reído en el coche cuando en alta voz lo había compartido con mi marido. Recordé cuando te referías a esa “capacidade enorme de almacenamento metido en ese almacén elástico” que ahora estaban contemplando mis cansados ojos, “ese depósito temporal” que para el gorrino había dejado de serlo. Y como a mi me ocurre lo mismo que tú detallas, me consuelo pensando que a pesar de que la vejiga y el esfínter de determinados conductos sean más vagos que antaño, sigo creyendo que a pesar de ciertas deficiencias, aún estoy aquí en el “valle” para poder contarlo igual que tu.
    Después de la no muy grata escena, llegó lo mejor. Allí en una larga mesa con veinte comensales, hemos degustado varias preparaciones porcinas regadas con un buen vino de cosecha propia muy adecuado para desengrasar el bajante.
    Besiños palmeiráns, querida Marina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>