Ao mar fun por laranxas…

NARANJASMarina Losada Vicente. Na casa en que limpa regaláronlle un abrigo rosa fucsia, alegre porque si, cuns bonitos botóns e un gracioso colo volto, apenas usado. Ela mirouse no espello e pensou que tan feliz ía a sentirse o neto ao vela tan guapa. Nunca llo dixo, pero Elena sentía que tiña vergoña dela. Levaba anos sen mercar unha peza de roupa. Nin lle acordaba. A desgana de tanto desgusto levara polo váter abaixo doce quilos de muller rumbosa. Aínda que cantar é de balde, a veciña que lle negou a entrada no ascensor, por non estar ao día coa cota da comunidade, abriu un baleiro nela difícil de explicar. Non importaba que tivera o piso pagado desde hai anos; que non lle debera nada a ninguén. O xuíz dixera que o piso era de A Banca; e que ela tiña dereito de habitación ata a morte, unha especie de usufruto recoñecido ao seu favor polos defectos de forma na constitución da garantía para un préstamo que pedira o fillo. Pagou a cota mentres lle quedaron cartos na cartilla, pero a pensión é pequena e o que gana coidando nenos faille falta para pagar a débeda cos avogados.

A empresa de Raúl levaba case un ano sen cobrar dos seus provedores máis importantes, diversas Administracións Públicas, entre elas o propio concello, cuxo alcalde lle entregou fachendoso un feixe de facturas aprobadas, asinadas pola secretaria e pola interventora, para que as puidera endosar. Nin falar de pagar. Sumaban tanto coma o importe que tiña que pedir no banco. Garantía de sobra para o director da sucursal; máis que de sobra. Pero os repugnantes dos de “arriba”, xa se sabe; mellor unha prenda hipotecaria; nada, unha formalidade.

Venceron os endosos, renováronse e nese paso esqueceron de recoller a sinatura de Elena. Unha sorte que lle permite vivir no piso no que hai máis de catro anos que non é propietaria. A Banca non se ocupa de ningún pagamento, disque lle pasou o paquete a terceiros, que non poden vender con ela dentro. Iso xustifica que a veciña do 5D a mire mal, que lle torza a cara, esquecendo que é obriga da propiedade o pagamento das cotas, non de quen a ocupa.

Baixaba as escaleiras e subía o ascensor, de portas de cristal. Sentiu como lle cravaba a mirada no abrigo rosa fucsia, da mesma cor que agora o seu rostro sempre pálido.

—Hai cartos para o que se quere! —escoitou.

A tarde era fría de máis, unha hora no parque aproveitando o sol de inverno mentres o neno xogaba a súa infancia. Abrochou un a un os botóns, amarrou ben amarrado o cinto e empezou a cantar unha cantiga da infancia:

Ao mar fun por laranxas, cousa que o mar non ten, toda molladiña veño, de olas que van e veñen.

6 comentarios en “Ao mar fun por laranxas…

  1. Agradecida Naty e Moises e Magdalena. Gusto de escribir máis agora que o comparto entendo que o fin dun texto non chega co punto final. O fin cbega cando outros ollos lle dan vida
    Saúdos

  2. Marina: Como siempre una nueva entrada más de tus magníficos artículos, y que Magdalena se ha encargado de contestar con sus grandes conocimientos, además de magnífica comentarista.- Y que tú, como colofón, has colocado la “estocada final” con el comentario que has hecho con ella.
    Cuánta dignidad la mujer del abrigo rosa!!!, no así la del ascensor que brilló por su ausencia.- Y que yo aún diría más: “que a súa dignidade, nin sequera o tiña, nos puntos que sosteñen o forro.- Disculpa porque mi gallego es fatal. No sé ni como escribí ese párrafo.
    Gracias una vez más por tu buen escribir. Besos a las dos.

  3. Y ese capitán del ejercito saldría de la cabaña todo ufano emulando a Calixto empeñado en que la criada se quedase viendo cómo ama a Melibea: “Bien me huelgo que estén semejantes testigos de mi gloria”.
    ¡ Qué bonita réplica la tuya, Marina !
    Graciñas e moitos bicos palmeiráns.

  4. Real como la vida misma, estimada Marina. “Cuando un pobre come jamón, o está malo el jamón o está malo el pobre” era un dicho que circulaba hace años y que hoy en día por desgracia, más de los que nosotros creemos ni el jamón malo pueden catar.
    ¿ Te acuerdas de aquello que decía Manuel Alcántara ? “Qué concepto tendría Dios del dinero, que solo hay que fijarse en la clase de gente que se lo da”. Yo creo que en la viña del señor hay de todo, con dinero y sin dinero, a veces lo que dice Alcántara tiene lógica, pero las reglas ocultas del Universo colocan otra vez todo en su sitio ( o eso pienso yo ) porque la cantidad de problemas que uno puede arrastrar nos hace tener más confianza , a ser más fuertes y a tenernos más cariño. Yo me considero – con mis escasos ingresos – jubilada de júbilo, no de jubilación.
    Fantástico, como todo lo que escribes, Marina. Y, viva la gente que sabe llevar con dignidad un abrigo usado.
    Besiños palmeiráns.

    1. Grazas, Magdalena. Recordo unha película na que unha muller era violada polo capitán do exército vencedor, dentro da súa propia cabaña. Ao saír dela, engruñada, con todo os soldados mirándoa, érguese e coa cabeza ben alta mostra en ela toda a dignidade que dentro perdeu o seu agresor. A muller do abrigo rosa consegue que a súa dignidade traspase o xénero do abrigo, cando a muller do ascensor non a ten nin no forro. Bicos.

Deixa una resposta a Naty Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>