Unha funeraria cómica

funeraria01X. Ricardo Losada. Saio dunha clase na que expliquei por que Platón dicía que filosofar é prepararse para a morte, e atópome unha noticia na prensa sobre unha funeraria italiana chamada Taffo que usa o humor nos seus anuncios publicitarios. Léoa con avidez pero, en vez de recordar a Platón, que enfocaba a morte desde un punto de vista de gran solemnidade moral, recordo a Montaigne, que tiña unha perspectiva da morte máis frívola, sen, por iso, deixar de ser profunda.

Así, no ensaio De aprender a morrer, Montaigne di que a mellor forma de desfrutar a vida é desprezar a morte pois cada día que vivimos (podemos morrer de nenos, de mozos ou de vellos) é un día de favor. Intentaba relativizar así tanto o valor da vida coma o da morte, e para xustificar esa tese enumeraba mortes tan absurdas como a de Esquilo, que morreu polo golpe na cabeza da cuncha dunha tartaruga que deixou escapar das garras unha aguia, a dun nobre que morreu esganado por unha uva, a do filósofo Espeusipo, que morreu entre as pernas dunha muller, ou a do seu irmán, que caeu fulminado por unha pelotada que recibiu xogando ao frontón. Como me dicían as vellas da miña nenez, resumindo a Montaigne sen coñecelo: “Meu filliño, non che somos nada”.

De aí que me agrade a campaña humorística desa funeraria italiana. Usar as fochancas de Roma para mostrar a chapuza que é cavar a fosa un só ou pedirlles aos condutores cansados que paren a botar unha cabezada porque “é mellor descansar nun coche que con nós”, ou, dada a complexidade da política italiana, berrar nun anuncio: “Italianos, agardámosvos nas urnas” mentres mostran unha colección de urnas funerarias, parécenme, senón ideas brillantes, si ideas desmitificadoras, e fanme recordar unha famosa anécdota atribuída ao filósofo Ortega y Gasset. Unha señora pregúntalle por que non asiste a máis actos sociais, e el respóndelle: “Señora, a mi edad ya no se vive sino que se asiste a la vida de los demás”. “Señor –podería dicir a funeraria italiana sobre unha foto de Berlusconi nas vindeiras eleccións europeas–, á súa idade xa non se morre, asístese á morte dos demais.

3 comentarios en “Unha funeraria cómica

  1. Querido profesor:
    No sabes cuanto agradezco siempre tus amables comentarios hacia mi persona. Muchas gracias de corazón. Me encantaría saber expresarme en nuestro idioma, otrora digno de reyes, pero entonces mis respuestas serían fragmentarias y ya sabes como me gusta explayarme. Para más inri, lo que me falta de tiempo, me sobra de incorrección ortográfica, pero sé que sabéis perdonármelo.
    Referente a José María, no sé si es lo más correcto hacerlo por esta vía pero, lo recuerdo muchas veces con cariño, porque es un señor amable que merece todo el respeto y admiración.
    Besiños palmeiráns para los dos.
    Gracias.

  2. Tanto a frase de Tagore como a anécdota da voda encantaríanlle a Montaigne.
    E agora que o penso, pode que me gusten tanto os teus comentarios porque sempre creas con eles ese ambiente de plácido faladoiro de sobremesa que tanto lle gustaba
    ao francés. O outro día lin un artigo que dicía que corren malos tempos para as persoas moderadas e conciliadoras. É certo, e por iso volvo con frecuencia a Montaigne. E por iso valoro tanto os teus comentarios. E por iso entendo perfectamente que te acordes con frecuencia de José María. E por iso agradezo que non comentes nada sobre
    Berlusconi, un tipo ao que non lle gustan nada, como dirías ti, as engurras descolocadas.
    Grazas por esas serenidade que transmites.
    Apertas rianxeiras

  3. Buenos días, querido profesor:
    El papa Adriano IV murió atragantado con una mosca. Seguramente al insecto volador le atrajo el olor de la paletilla de cordero que aún emanaba de su boca y su faringe se negó a ingerir un miligramo más de lo ya jalado. Y, se cumplió lo de Voltaire: “Después de comer y beber bien, no hay quien no crea en Dios”. La mosca lo llevó al Paraíso.
    Lo que decía Montaigne, deberíamos pensarlo y llevarlo todos a cabo: disfrutar de cada minuto de nuestra existencia. Lo decía también Tagore: “La vida es la sorpresa constante de ver que existo”.
    Ciertamente el ingenio no le falta a los de la funeraria Taffo. Precisamente ayer oí una noticia en la radio que también me hizo sonreír. Una pareja que tenía proyectada su boda para “equis” día, precisamente en esa fecha la sala del ayuntamiento donde iba a celebrarse la boda, estaba en obras. La novia que trabajaba en una funeraria le pidió al dueño poder disponer de una de sus salas para desposarse allí civilmente. Y así lo hicieron.
    Ese enlace, no sé si tendrá buen desenlace. El lugar da pie a malos augurios. Yo les deseo lo mejor, y que tarde en cumplirse la máxima de Quevedo “Polvo serán, más polvo enamorado”.
    Que tengas un buen día J.R. Besiños palmeiráns.
    Un abrazo a José María.

Deixa una resposta a x ricardo losada Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>