Abre a muralla!

windows-1713210_960_720Marina Losada Vicente. Non me les porque só escribo de mulleres. É certo que o fago en feminino, pero máis espero dos homes que das mulleres. Pénsao ben. Das mulleres presento feitos por elas coñecidos. Dos homes, apunto maneiras, que deixan no aire, sempre abertas, as posibilidades de ser interpretadas, analizadas e, de se dar o caso, corrixilas. Unha invitación a atoparse.

Sen o xogo do encontro, a convivencia semella o leito dun río atravesado por unha muralla. Non sabes quen a levantou, pero está aí, estala vendo. As augas flúen sen aparente dificultade, dado que os distintos muros defensivos que a forman están colocados lonxitudinais ao río, paralelos. Distinto sería se partísemos dunha barreira que o cruzara, pero esta que ti ves está deseñada de forma que as augas das dúas marxes poidan moverse e pensada para que non tropecen, como nos váteres, non? Lectura para mulleres e lectura para homes.

Aínda sentindo a barreira como real, teremos que ila debilitando, favorecendo a mestura entre as augas. De non ser así, farase máis impenetrable, por mor da resistencia que poidan ofrecer as partes, que sempre sentirán cobiza de saber que pasa no outro lado.

E que hai do outro lado? Que vai haber? Persoas que queren coñecerse entre si. Por iso escribo tamén para quen navegades dese outro lado do rio, intentando amorar as persoas que mellor coñezo. Como sentimos. Como funcionamos. Como amamos. Como sufrimos. Como esperamos. E como empurramos desde o noso lado para derrubar a muralla.

Ánimo, cariño, abre a muralla!

4 comentarios en “Abre a muralla!

  1. Todo ben, grazas Magdalena. Ás veces as murallas son imaxinarias, como as que escribo, e outras veces son físicas, como as que tocaron onte. Montes que non se limpan, administración que se botan a pelota unhas ás outras, propietarios que pasan de todo e denuncias que presentas cada ano avisando do risco que acaban no lixo. Impotencia, que non resignación. E a seguir escribindo da vida, que é o que presta.

  2. Sabía por los medios de comunicación el fuego estaba cerca de Rianxo pero no me lo imaginé tan cerca. Espero y deseo que todo se haya quedado en un susto.
    Un fuerte abrazo, querida Marina.
    Besiños palmeiráns.

  3. Hoxe tiven un día apurado. O lume rodeou a miña casa. E como clavos os meus irmáns coas mangueiras a cinco metros do lume. Cando se quere non hai barreiras entre homes e mulleres. Da man.

  4. La muralla hay que abrirla siempre para todo lo positivo.
    Para la rosa y para el clavel. Abre la muralla.
    Para el sable del coronel. Cierra la muralla.
    La inteligencia y la sensibilidad no deberían ir por separado pero, pienso que los recodos del alma femenina, para los que están al otro margen del río, les cuesta encontrarlos. Añado… y viceversa.
    Todos somos necesarios y debemos querernos tal como somos; claro que debemos navegar hacia la otra orilla y aceptarnos íntegramente. Seguro que así, funcionaríamos mucho mejor.
    Una satisfacción leerte, querida Marina, me encantaría entrar en las profundidades de tu imaginación.
    Besiños palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *