Licuarse

depositphotos_35933373-stock-illustration-water-butterflyMarina Losada Vicente. Desde moza tomou a infusión que alivia a dor, ata que deixaron de fabricala. Preguntou por unha similar, para os mesmos síntomas, pero non recorda cales eran, nin o nome da doenza.

a escrita é un medio de licuarse, de darse a beber. Podes servir un té, un café cargado, augardente…

Despois de meses sen remedios e sen doenzas decidiu saír do papel e facerse ver. Deixou de ser estampa para sentir a contorna dun día de treboada. Sóubose espirituosa, pero non gustou das burbullas. Abriu a boca de par en par, durante sete meses, ata que se entendeu libre de pompas. Entón sentiuse café, o que a levaba a pasar as noites en vixilia. Podendo ser o que quixer, pensouse orballo, que se perde entre os pregos das bolboretas, mais as lepidópteras teñen unha vida curta e non gustou da escolla.

… auga, elemento común de todo sorbo, son auga? transparente? …

Como o cromo que foi precisa agarimo, e animada pola palabra, sabendo que xa non é folla, pois sente como bolen as raíces, escribe contra un teclado que non precisa papel.

… ás veces síntome copa, ás veces vaso, ás veces xarra, máis non me sinto nin barril nin botella, nin cousa pechada algunha. E non son auga.

2 comentarios en “Licuarse

  1. Boa cousa esa de estar ocupada todo o día e ademais en actos interesantes. A admiración é miña vendo que non perdes as ganas de escribir neste café a distancia. Sego licuándome cada día e espero facelo moito tempo. Bicos

  2. Apreciada y admirada Marina, A la mañana, antes de salir para el Lustres Rivas – como cada lunes – ya leí tu entrada. Como siempre, nunca me dejas indiferente, tu artículo me hizo navegar por las profundidades de la imaginación y traté de anotar algo que asomaba, pero de pronto hubo un eclipse, se apagó la bombilla cuando Alicia, mi profe, me preguntó algo concerniente al tema del día. Tuve que dejarlo, y tampoco era el lugar adecuado.
    Después de comer le contesto – pensé – pero tampoco pudo ser, a las cuatro había que estar nuevamente en el Lustres Rivas para asistir a una conferencia que impartía el Prof. Dr. Xaime Manuel Requeixo Souto. Muy interesante, por cierto.
    Ahora aquí estoy para decirte que has heredado la vena rianxeira, no cabe duda. Menos mal que has emergido y nos regalas siempre tu originalidad. Con esto queda todo dicho. Continúa licuándote y dándonos de beber.
    Besiños palmeiráns.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>