Tres minutos no aire, de Miguel Anxo Murado

978849151306X. Ricardo Losada. Non coñezo persoalmente a Miguel Anxo Murado, nin ganas teño. Estou seguro de que me ía decepcionar, xa que é imposible que estea á altura dos seus escritos. Compróboo unha vez máis co seu último libro, Tres minutos no aire, que recolle as súas colaboracións entre 2006 e 2009 no programa Diario cultural da Radio Galega, 83 pequenos ensaios, no sentido do seu admirado Montaigne: reflexións racionalistas sobre un sutil fondo de lirismo e ironía que mesturan nun todo desesperación e esperanza, desilusión e entusiasmo, paixón e frialdade. Nada máis recomendable para estes tempos de populismo e polarización que o libro dun escritor que renega do intelectual predicador e reivindica o intelectual escéptico. Chega dabondo con ver como enfoca o actualísimo tema das bandeiras. Tras revelar que a única que comprou na súa vida foi a de Groenlandia, porque lle gustaba o deseño, conta que o día que nese país celebraron un referendo pola independencia, sacouna á rúa e escribiu un artigo no que lle desexaba o mellor a esa nación. E di por que: “Cuberto de xeo límpido, cristalino, é o país que conserva o silencio da Prehistoria”. Eu, debo recoñecelo, tamén me sentín groenlandés.

     Murado é tamén, polo mesmo que Montaigne, un escritor disperso, aínda que a súa é unha dispersión domada polo xornalista, moito máis fiada e planificada, tanto nos contidos como na mestura dos múltiples xéneros que utiliza, movéndose como un péndulo errático (só aparentemente) entre dous extremos: o libro de curiosidades e o ensaio filosófico. Lendo este libro saberemos (e, o máis importante, quereremos saber máis), entre outras moitas cousas, que Galicia ten máis dun terzo dos topónimos de España, sendo só o 6 por cento do territorio; que houbo unha lista de espera (el mesmo chegou a anotarse) para doar a caveira á Royal Shakespeare Company coa fin de que a utilizasen na famosa escena do Hamlet; que levar os zapatos limpos é unha proba de status porque nalgún tempo era sinal de que un podía dispoñer dun coche de cabalos para desprazarse; que o propio Murado conseguiu interpretar un manuscrito do filólogo Aníbal Otero, que ninguén conseguía descifrar pola súa mala letra e o estraño vocabulario ribeirego, porque a letra era case idéntica á súa e porque tivera unha moza na Ribeira de Piquín e entendía a xerga.

Foto: La Voz de Galicia

Foto: La Voz de Galicia

    Pero esas curiosidades e anécdotas e citas e vivencias persoais están engarzadas por sutís e amigables reflexións que conseguen darlle ao libro unha intensa dimensión filosófica, entendendo filosofía no sentido grego de conversa reflexiva sobre problemas humanos que condiciona a propia vida dos interlocutores, e non como unha análise críptica e abstracta para profesores universitarios escrita ou falada, como di Murado, na lingua morta dos filósofos da década de 1980. Murado consegue, cun ton sempre baixo e próximo, rompernos constantemente os esquemas e invítanos (unha invitación que non somos quen de rexeitar) a que os recompoñamos coa nosa propia experiencia cultural. Porei só tres exemplos. Sobre o celtismo: “Leo que está a piques de comezar unha nova edición do Festival Celta de Ortigueira, e non podo evitar pensar na ironía de que, fose Galicia celta ou non na antigüidade, o que está claro é que si que o é agora. Porque a identidade, no fondo, non é máis que crer algo”. Sobre o feísmo: “Igual que os romanos deixaron pontes de pedra para a posteridade, deixemos nós algún solitario pilote de cemento armado, algún chalé rosa en primeira liña de praia e algún conxunto histórico-artístico de postes de luz e lavadoras oxidadas, como ruínas de algo que, aínda que non nos guste, é noso, e forma parte de nós, e somos tamén nós”. Sobre as novas tecnoloxías: “Temos tal reverencia pola tecnoloxía que lle atribuímos a capacidade de cambiar o mundo, cando en realidade é que é o mundo, que permanece inalterable, o que obriga a ir cambiando de tecnoloxía”. Como vedes, filosofía, e filosofía da boa. En Murado, nin a ideoloxía nin a cultura corrompen ese sentido común que, como ben demostra este libro, é o menos común dos sentidos.

      E todo cunha amenidade extraordinaria. Unha amenidade conseguida, non só con humor puro e duro (revélanos, por exemplo, que viu de neno en Vinte mil leguas de viaxe submarino un polbo xigante atacar o Nautilus “medio con horror medio con fame, pensando nas potas de cobre das polbeiras de San Froilán) senón, sobre todo, con ese alquímico carácter de intriga que consegue darlle a todos os ensaios. Como non imos devorar textos que din que Tiro é a cidade en que todos aprendemos a ler, ou que o Renacemento foi unha redescuberta do embigo, ou que a primeira obra de Darwin publicada en España foi a etiqueta da botella de Anís del Mono, ou que o segredo da xenialidade de Shakespeare é que sabía falar, coma os nenos moi pequenos, por medio de sílabas soltas, ou que Deus é un ser indeciso, ou que non hai ningún escritor que escriba na súa lingua materna.

     Podería seguir e seguir, pero, como debo rematar, limitareime a dicirlle a Murado o que os palestinos lles din, segundo el mesmo sinala, aos narradores orais que contan boas historias: Que Alá che conserve a lingua!

4 comentarios en “Tres minutos no aire, de Miguel Anxo Murado

  1. Prezada Carmen:

    NOn sei a orixe do talante e do estilo de Murado. O único que sei é que con estilos
    e talantes similares o mundo sería mellor. Estes días teño o seu libro a man e cada vez que, por despiste, escoito algún político en preprepreprecampañaelectoral, leo algún dos seus textos. É unha forma de reconciliarme co ser humano.
    Eu tamén interpreto letra de médico. Por desgraza, é a miña.
    Xa falei outras veces de Montaigne. Ese si que era un revolucionario. E aínda que parece un tipo cos pés no chan e moi próximo, eu considéroo un defensor da utopía.
    Pide cousas tan sensatas que é imposible que un ser tan estúpido como o humano as faga realidade algunha vez.
    Eu son dos optimistas. Creo que as cousas van a mellor. Aínda que, moitas veces, non saiba por que. Ou si. Porque existe o polbo e o cocido e persoas coma ti e coma Magdalena que, de seguro, os bordades, tal e como bordades os comentarios neste Café.
    Unha aperta

  2. Semana de exames, correccións e avaliacións: case me esquezo de contestar.
    Si. O que di Murado da tecnoloxía é moi interesante. Tamén o que di Alfonso Gago.
    Como se vai acelerando o coñecemento e a tecnoloxía é algo que debe enchernos de
    orgullo e temor ao mesmo tempo. O tempo que pasa entre unha revolución e outra é cada vez menor. A palabra oral tardou moito en aparecer. A palabra escrita algo menos. A palabra impresa, menos aínda. E a palabra dixital… A seguinte, xa debe estar aí. Por iso me irritan moitos dos problemas estúpidos nos que estamos embarcados últimamente cando os humanos estamos a piques de romper a discontinuidade entre home e máquina, a piques de deseñar conscientemente a evolución e a piques de destruír o planeta.
    Esa charla que propós sería moi interesante.
    Agardo que o polbo estivese á altura das túas habilidades culinarias.
    Apertas rianxeiras

  3. Querido profesor:
    Mi intención era leer ayer tu excelente artículo. Pero llegué casi a las doce de la noche de ver la ópera barroca “La Calisto” y, para colmo, con la vista cansada de tanto fijarme en los subtítulos. De no hacerlo así no me hubiese enterado de la mitad de la obra, por la cantidad de personajes que aparecen en escena, algunos interpretados por el mismo cantante travestido.
    ¿Y no será que Murado aprendió a leer en el “Países y mares”? (Me refiero exclusivamente a la lectura: la interpretación es cosa de más envergadura…). Pudo haberlo heredado de sus padres o abuelos… Yo aprendí a leer en ese libro y entiendo hasta la letra de médico. (No la interpreto).
    Tal como lo describes, “Tres minutos no aire” tiene que resultar un libro muy interesante: una filosofía de la vida, inteligible y con un toque de lirismo, ironía y humor… Yo también digo, plagiando al escritor: “Dios nos libre de intelectuales predicadores”.
    El relativismo cultural de Montaigne, me atrae, así como su humanismo y la forma de creer en Dios sin especular sobre su naturaleza.
    En lo referente a la Prehistoria, ya Julio Verne preconizaba -más o menos- el regreso a esa época, o las cosas irían de mal en peor.
    Ya me gustaría tener a mi alcance el pulpo de Magdalena. Con mi sempiterno despiste, he puesto habas a remojo para preparar mañana un buen cocido. Pero acabo de caer en la cuenta de que mañana es vigilia… Y, aunque sea por tradición, sigo cumpliendo con ese precepto. Menos mal que sólo he puesto las habas…
    Boas noites.

  4. Me parece muy interesante lo que opina Murado sobre las nuevas tecnologías, pero ahora te paso otra imagen muy gráfica de Alfonso Gago considerando toda la historia del hombre sobre la tierra condensada en el periodo de un mes de treinta días comparando la tecnología actual con la de otras épocas. Dice así:
    “…De ese mes, 29 días y 22 horas y media lo ocuparía la era pretecnológica del hombre, en la que los colectivos humanos son trashumantes y no producen asentamientos ni siquiera para cultivar la tierra. De la hora y media que resta de nuestro mes, la etapa de la civilización agrícola ocuparía todo el tiempo menos un minuto y medio, momento en que comienza la civilización industrial con el desarrollo del maquinismo, el capitalismo y el nacimiento, maduración y decadencia del movimiento obrero. La sociedad de la información ocuparía tan sólo “catorce segundos de este mes”. Estos catorce segundos han introducido en la sociedad humana una transformación estructural enormemente significativa en comparación con el resto de la historia anterior.”
    Me encantaría escuchar esa charla filosófica y ¿antagónica? entre Miguel Anxo y Alfonso Gago. Sería muy interesante.
    Querido profesor, hoy tengo un pulpo para degustar, ni es gigante ni tengo pota de cobre pero, le pondré todo mi saber alquímico culinario para poder ver caras satisfechas mientras lo engullen. La botella de líquido oloroso transparente blanco con la foto de Darwin en el cuerpo de un mono solo será para aromatizar con unas gotitas el postre, mi órgano glandular no me permite tal exceso.
    Feliz día de San José y besiños palmeiráns para todos.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>