Necrolóxica

images (1)Marina Losada Vicente. A necrolóxica deixábao claro. Morrera e ela nin sabía que nacera. Non é broma de mal gusto, nin cámara invisible da tele. Ninguén sabía que pasaría por alí, ela mesma sorpréndese de facer o camiño.Cando decidiu pecharse na casa como berberecho na cuncha, que só sae por alimentarse, cambiando familia por soidade, botara a conta de que unha filla como a dela, tan mínima, tan apoucada, non podía ser compaña na vellez. Púxolle a porta por parede, pasa de vinte anos.

Tenta imaxinar a cara da neta, o anuncio do cabo de ano non ten foto. A quen se imitaría, como sería a voz resoando no silencio da casa, a inocencia da infancia, a rebeldía da puberdade… Quere imaxinar as mans propias cun labor de agullas, lembrar a receita do pastel de galletas, o belén no Nadal, os arrolos todos.

Cando é quen de retirar a mirada, pensa no que xamais contou. Na enfermidade hereditaria de súa nai, un segredo que de saberse a tempo tería cura.

Pasa pola funeraria, que non pensaba, e deixa escrito que os seus restos sexan entregados á ciencia. Sen necrolóxica.

5 comentarios en “Necrolóxica

  1. ¡ Qué bonita resposta, Marina ! moitas grazas.
    Eso de escribir a última hora do día, e verdade, polo menos eu, estoy máis disposta a escribir pola mañanciña, pero moitas veces a obriga laboral caseira superponse por riba de todo.
    Moitos biquiños, querida Marina.

  2. A lembranza.debera viaxar nunha maleta lixeira que nos permita voar. Por eso escribo. Para ir deixando no camiño parte da carga. Bicos Nati.

  3. Marina: Al igual que Magdalena, espero con agrado tus entradas por lo ameno de las mismas sobre temas de la vida cotidiana. Y que, de una manera u otra, todos conocemos o hemos pasado por ello. Nos gusta recordar el ayer porque, en ocasiones, se nos mueve algo por dentro que nos agrada rememorar. Gracias desde Palmeira.

  4. Non hai réplica mellor que a confirmación da asistencia. Que te manteñas ao outro lado do café. Unha folga de palabras, que non de vontade, trasmite tamén alento. Hai veces, sobre todo a última hora do día, en que sinto que a cabeza non me vai. Todo é esperar a que se desenlee. Bicos, Magdalena.

  5. Buenos días, querida Marina:

    Tus textos, como siempre inimitables por la originalidad con que los planteas. En verdad que te merecías la elegancia de una buena réplica por esa mente que cualquier erudito debe envidiar, pero hoy mi voluntad se ha declarado en huelga.
    FELICIDADES.
    Besiños palmeiráns y esperando con ansias el próximo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *