Viúva

viuda-negraMarina Losada Vicente. Morreulle o home sen tempo de cotizar. Enterrouno envolta nun loito prestado, tapando os furados coa man. Deixoulle dous nenos e unha nena, herdeira da enfermidade do pai. A casa allea, a panela á cabeza, sobre o muído, os camiños do peixe por andar. Tirou cara a diante sen tempo para pensar. Chegado o momento, entregou o mando da familia, deixando voar a quen ela deu ás. Refuxiouse na casa que mercou de viúva, cando os pés non coñecían calzado e a súa columna empezaba a debuxar o signo de admiración, de tanto peso. Gozou dos acomodos que puido pagar, poucos pero saborosos para quen nada tivo, sen ter recibido xamais cartos que non gañaran as súas mans. Abrigouse dos netos e das netas, feitizos contra a dor. Obrigouse a non rezar só porque chegaba o tempo. E non rezou.

Diante do cadaleito do veciño, sabendo da pensión que cada mes entraría, puntual, na cartilla do banco da viúva, escapóuselle un suspiro, sen malicia, sen pensar:

– Agora os homes non morren, non; marchan para navegar!

2 comentarios en “Viúva

  1. Loito e alivio xuntos xustificarían que as fotos seguisen sendo en branco e negro para as mulleres. Traballo costou deixar atrás o costume. Anos e anos cangando grises, negros e brancos insípidos, coa condena engadida de non poder saír as festas, nin aos paseos durante anos. Ter que traballar de sol a sol con medias nas pernas e pano na cabeza, tapando a vergoña de ser viúva. A vergoña de ser orfa. A de ser pobre. A de ser muller.
    Bicos, Magdalena.

  2. ¡ Cómo ha cambiado todo ! recuerdo a unas chiquillas que se quedaron huérfanas de padre y arrastraron un luto de trece años, con “alivio” (blanco y negro ) inclusive, a partir de los diez. Los más pequeños aún no sabían leer, pero en cambio, todos memorizaban un extenso repertorio de oraciones que alrededor de la cocina de leña declamaban como si fuesen poesías, y al menor despiste, su madre y abuela, con el índice en los labios reclamaban un, Shhh…

    Entrar en Barbantia y leer vuestros magníficos artículos, querida Marina, es la felicidad quintaesenciada. Gracias por escribir tan requetebién.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>