O móbil de antes

nokia_5110Domingo Regueira. Manoeeell!! Aaaac… comeeeeer!!!

Xa bouuuuuu! —Contestaba Manuel dende as Lobeiras onde pescaba ás fanecas.

Antes desta estúpida xeración, as ondas sonoras esvaraban por riba do mar e case se vían camiñar a 343,2 m/s. Coido que antes ían máis lentas.

Agora tiras de móbil e comunícaste co teu home que pesca no Canto, no Gran Sol ou nas Malvinas e, ao mesmo tempo, podes velo tirado no catre. Tamén din que inventaron un dispositivo que non queren que ninguén o saiba; pero eu vóuvolo contar: trátase dunha aplicación para este trebello coa que podes falar cos teus defuntiños, pero a igrexa reproba o invento por medo a que os finados se vaian da lingua e conten que agora, no Inferno, dan clases de acordeón gratis, ou que no vetusto Ceo, entre parchís e novenas, non reciben máis ca hostias que nas dan quitado do padal.

Mesturados cos berros de Belén Esteban, Mariñas e María Patiño, saen ao cosmos os bramidos de “Sálvame”, ata o punto de que os marcianos digan de nós que somos a vergonza do universo.

Dende a Tixosa, con pose de aturuxo, a avoa chamaba polo neto:

Marceliiiino…!

E aló ía Hermes coas ondas tocotó, tocotó, tocotó, portando o brúo, sorteando os pedrugallos de Suascortiñas, Sualaxe, Suatonada e Supinal ata chegar co –iiiino…! a Insuela onde o neno rechinaba.

Céfiro largáballe unha alfombra antigravitatoria ao neno, e este voaba de pedra en pedra, salvando tarais, espiños, loureiros e areais, ata chegar á Tixosa, onde a soprano o esperaba.

img_gmartin_20160730-205425_imagenes_lv_otras_fuentes_deluxe-149-kCvG-U403581220751ABE-992x558@LaVanguardia-WebMoitos din: “que se Harpócrates non fose fulminado por Constantino, xa tivese varrido do planeta os das campás electrónicas, pandeireteiras,tamborreiros e falleiros tóxicos, xunto coa turba da verbeneiros e funcionantes de procesións con aberrantes tinguiduras bélicas, escoltadas por desfiles de tambores, cornetas e bombas de palenque”. Tanto, que os animaliños quedan aparvados!

Os xardineiros da Terra, avatares ou o deus que os fixo, son conscientes de que meteron a pata ao crearen o enxendro humano. Debíannos facer coma as bestas que, ao comeren na broza, limpan os montes, e devólvena procesada en forma de bosta e fertilizante.

Nós, con tanta ducha, inodoro e bidé, somos os máis porcos de cantos habitamos o planeta: intoxicamos ceos, montes, ríos e mares.

Concluíndo –engade algún sofista–: “O espazo auditivo das persoas debería estar protexido, e a súa violación sancionada con penas de redución cirúrxica das cordas vocais; sobre todo, a estultos crónicos, coprolalias, e pseudo ecoloxistas que rexeiten estas suxestións”. Meu dito, meu feito.

8 comentarios en “O móbil de antes

  1. Muy apreciado Mingucho: Gracias por tu amable recibimiento al “Club de los levantados”, que a este paso, no me extrañaría fuera el “Club de los caídos”. Siempre he sido optimista, sin embargo ante el panorama que tenemos actualmente… , no pinta nada bien.-Ya no importa quien esté en el poder. Los Bancos manejan nuestros ahorros y los Supermercados, como bien dices, nos vacían monederos y tarjetas. Resumiendo: nos lo dan por un lado y nos lo sacan por el otro. ¡Y qué felices!, porque nos despojan de casi todo, y permanecemos impasibles.

    ¡Ay!, querido Mingucho. ¡Cómo está o patio! Admito se continuo lendo, acabarei cunha depresión.- Si eu puidese subir ao “podio” e me darían un micrófono para decir o que eu sinto…, outro galo cantaría, pero temo que os “decibeles” subirán no ton, e o meu amigo do Eitón pode estar alí

    A aqueles que teñan tal concepto da nosa lingua, ía selalos a voca con “bosta de vaca”, como fixeron moitas familias cos fornos que tiñan fóra da casa-. Los sellaban con excremento de vaca que era parecido al cemento armado. Desconozco si lo tenían que sacar a base de golpe de cincel, una vez cocido, o podía arrancarse con las manos. No lo sé.

    En casa no se cocía ese tipo de pan y que a mí me encantaba. Con decirte que al salir de casa con el pan de trigo en mano; hacíamos un trueque, ya que algún que otro niño, acercándose, me decía: se me das pan de trigo, doulle o meu millo. Y aceptaba encantada porque me gustaba más, aquel pan, que el de trigo.-De niños nos parecía mejor lo del amigo, aunque fuera peor que el nuestro.

    Es un placer leerte

    1. Non hai por que dar las grazas distinguida Naty por esta humilde invitación a participar no club dos insurrectos.
      Activistas en contra das estúpidas e trasnoitadas tradicións onde para protexer ó “santisimo” fai falla traer o exercito dos lexionarios armados de trompetas, tambores e metralletas.

      Iso só lle fai falta os políticos que cada vez reforzan máis o servizo de seguridade para protexerse dos escupitaxos dos cabreados.
      Logo as adoradoras van a pedir polas portas para romper a canonazos os cristais da parroquia.
      A Algunhas, deberían meterlle no bolso unha desas bombas. Con estes canonazos as delicadas fillas de María, mostran o seu grado de feminidade.
      Estounas vendo, mirando as uñas:
      —Canto diñeiro! Que vamos a facer con il?
      E a resposta intelixente non espera:
      —O que sobre en fogo? Queimalo para iso nolo deron.
      Coido que a maioría serán solteironas, por que si tiveran neniños, netos, gatos e cans que lles ladrasen, non botarían semellantes torpedos.
      Este escándalo so se dá nas poboación atrasadas; queiman a terras con herbicidas, contaminan o aire coa pólvora e acusticamente, condenan as almas dos ecoloxistas.
      Din que as cacholas ocas, non pensan nin lle molestan os ruídos. O seu subconsciente só atende as imposturas consignas do sistema mediático.
      Coido que despois de ler semellante exposición sobre o meu criterio cristián i ecolóxico, se cadra renuncias a participar.
      Pero que unhas solteironas —eu como nas coñezo, podían ser— con sofisticada permanente lacada, mantillas goiescas, peineta, colar de majórica, pendentes de carbúnculo e atufando a “Chanel”, desfila fora de tempo unha imitación das clases feudais.
      Son a soberanía popular. A que quita e pon estes gobernos sen sentir vergonza algunha.
      —María…! A onde vas con tanta presa?
      —A perruquería que mañá hai que ir votar.
      Logo na noite do aburrido escrutinio, coa copiña de gres o lado, buscan ”Mi casa es tuya” de Bertín. E veña pipas e suspiros.
      —María…! Quén gañou que eu non entendo nada? —Pregunta a veciña pola ventá da cociña.
      —Os de sempre, o IBES 35! —contesta a outra sen deixar de triscar nas pipas.
      E así che é o conto, nosa Naty.
      Un bico e desculpa po la tardanza na contestación. Estiven vendo o desfile desta tarde. Parecía o escenario de Guernica. Abrazos Vi-Fi.
      E grazas por darme a oportunidade de verter estas fobias.

  2. Mi querido y admirado Mingucho: Aún me estoy riendo por tu gran sentido del humor. También es bueno, muy bueno.
    Perdona, pero no te imagino tocando la pandereta. Te cuento: considero que es un instrumento que hay que darle mucho ritmo y sus “ferreñas de latón” cercanas al canal auditivo … Como que no te veo por la labor. Pero que duda cabe que sería todo un espectáculo viéndote arrancar por coplas pandereta en ristre.
    Eres GRANDE muy GRANDE querido amigo.
    Un beso desde nuestra bella Palmeira.

    P/D: ¡Madre mía! Encima de altos vuelos. Hasta el Club Bilderberg con la copla. ¡Casi nada!

  3. Moitas gracias, noso Mingucho, pero foi correxido pola miña maestra, . No galego aínda erro máis que no castelán.
    Biquiños agradecidos.

  4. Noso benquerido Mingucho:

    Me encantaría llevarte la contraria como siempre lo hago, pero como el día de la fiesta de san Juan bajé a ver las hogueras al puerto, no me queda otra, que darte la razón. En medio de aquel estruendo tan sonoro me acordé de ti, y pensé lo bien estamos en ciertas ocasiones los del Brañal aunque veamos el mar desde la lejanía. Aquello era de locos y te aseguro que pensé que a la humanidad le falta un hervor civilizador, si Dante escribiese hoy la Divina comedia introduciría este suplicio en su infierno.
    De todos modos, como en algo tengo que contradecirte, continuaré recomendándote que escuches con cariño el carillón, que tan sonoramente al ritmo de Schubert nos señala con su melodía el paso de las doce campanadas. Por tanto, deja de agotar el caudal de reniegos que posees y escucha con más cariño la voz que desde nuestro hermoso campanario nuestra apócrifa “Berenguela” nos brinda su Ave María con su tañido .

    Querido Mingucho, fixéchesme rir co teu simpático artigo. Eres bo, moi bo.
    Biquiños.

    1. Querida veciña Magda:
      Linche o conto que presentastes ó “VI Concurso de Poesía en Artes”. Gustoume o conto e mais o progreso que fixeches co idioma, Como di Naty “materno” pero o caso e que o teu foi en galego.
      Ilustrativo é o da lúa crecendo e minguando. A min mo aclaráronmo —aínda fai pouco— dicindome que a lúa minte. Cando fai a “C” (crente) é que está minguando, e cando fai a “D” (decrecendo) é que esta crecendo.
      Polo demais fíxate como cambiaron os mensaxes. Antes era a buguina a que anunciaba a chegada da peixeira, a siña María chamaba o señor Manuel e a avoa chamaba a Marcelino, todos en analóxico.
      Exposto isto, o cura ten que poñer unha emisora para avisar as beatas, e non romperlle a cabeza a veciñanza coa lutuosa musica dos enterros, carrillóns das procesións nin campanadas do reloxo.
      Hoxe a xente ten reloxos de máis. Na tele, no móbil, no coche, no ordenado, na cociña…
      Temos que evolucionar moderadamente, pero as procesións pola carreteira xeral, é unha anacrónica chulería, propia de un pais confesional, absolutista e totalitarista. E non falemos das aberrantes semanasantas que nos transportan os escuros tempos da inquisición, asombrando co espectáculo a propios i estraños.
      Se vivira Franco, a procesión do Santísimo seguiría sendo a mesma so falta el porque a lexión segue flanqueando o palio como se o fantasma fose debaixo.
      Unha aperta Magda.
      Agradézoche estas provocacións porque desta maneira aproveito para cumprir coa miña misión de demo.
      Pois xa me dirás que faría o Vaticano sen el.
      Un bico dende o Porto, e segue espesándote no idioma materno e non lle fagas moito caso os asesores lingüísticos. Eles non coñecen o argot paleirán e colan o de Chantada escarallando a melodía. Por si leen estas maldades, Apertas cariñosas para eles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>