De manchas amarelas

depositphotos_6782299-stock-photo-sun-painted-by-childFidel Vidal. John Christie: “Ti dixeches: ‘É como se todas as cores (e en particular as puras) agardasen a espirse ou ser espidas’. “Quizais a cor ouro, que é especial (asociado á maxia e o sacro), é a única que está espida desde o principio”. John Berger: “Grazas polo ouro (…) A goma xaponesa é como o mel, non si? Será o mel o equivalente vivo do ouro?”

A cor amarela, no enfrontamento desigual co dourado, estivo décadas relegada á marxinación, cando non ao desprezo. Maiormente en Europa era a cor da enfermidade, da envexa e dos traidores. Velaí noutrora a Xudas, e arestora a prensa e os sindicatos amarelos. No entanto, en culturas como a chinesa, tiña un valor positivo, xa que logo era signo de riqueza e sabedoría. A cor exclusiva do emperador. No antigo Exipto, en canto evocaba o sol, gozaba de alto prestixio, e deu lugar á busca de novos pigmentos, entre os que destacan o ouropimente, o amarelo Nápoles ou o amarelo momia (Anne Varichon, Cores: historia do seu significado e fabricación, 2009)

Os cativos pintan o sol e as estrelas desa cor sen repararen en gastos, como Van Gogh na súa inxenua Casa amarela, ou nos inquietantes soles e xirasoles, sendo unha das súas máximas aspiracións pintar un ceo estrelado, un ceo abarrotado de estrelas amarelas. Aí tamén andan Mondrian ou Miró, que tampouco se esquecen do amarelo como unha das tres cores primarias. A Klimt atraíanlle especialmente os dourados. Para marelos marelos, para manchas amarelas ben distribuídas e ordenadas, as manchas da ictericia, ningún cadro máis representativo que o Cristo Amarelo de Gauguin, gardado no Museo Albrigh-Knox en Búfalo, Estados Unidos.

22971307-grunge-sin-patrón-de-rayas-y-cuadros-en-colores-amarillo-y-naranjaKandinsky andaba coa teima de saber cal era a forma do amarelo. É redondo ou cadrado? O amarelo é triangular. “E ti –escríbelle Berger a Christie- fas un circo semellante ao sol. Creo que das tres cores primarias, o amarelo é o único que é unha mancha. É dicir, adopta a substancia daquilo que colorea, pero non ten ningunha propia (…) non ten forma xeométrica propia”. “O máis amarelo que podo imaxinar é o azafrán, que é mancha e que ao mesmo tempo gusta (…) Sen embargo –e aí radica a parte da emoción- o amarelo do azafrán nace dun vermello. As pequenas febras vermellas, cando se humedecen, manchan en amarelo!” Así tamén o amarelo das lapas agochado no vermello das brasas.

Pola súa banda, Paul Klee, que non facía xogos de maxia, lembraba que a xema do ovo segue a ser circular. Sexa como for, deixémonos de lerias porque é moito mellor “practicar a estética que discutila, e nesta correspondencia estamos a falar (verdade?) de algo máis xeral que da estética. A cor e a necesidade da cor están en todas partes, incluso no debuxo en branco e negro que inclúo” (John Berger, Mándoche este vermello cadmio, 2000).

3 comentarios en “De manchas amarelas

  1. Querido Fidel,
    Con lo que escribes, bien puede decirse que abres los ojos. Y lo haces permitiendo la mirada a un mundo apasionante.
    Me has inducido a retomar el libro que Kandinsky cierra diciendo que “Bello es lo que brota de la necesidad anímica interior”. Creo que es algo que se puede aplicar, en el mejor de los sentidos, a los ue tú haces.
    Aprovecho esta ocasión para comentar algo puramente anecdótico. Al final, tocas la cuestión de la sinestesia, creo entender. Hay quien la tiene en grado sumo. En mi caso, se da en un ámbito reducidísimo, el de las cinco vocales. No sé por qué extraña razón, asocio la A al verde, la E al rojo, la I al amarillo, la O al azul oscuro y la U al azul claro. No me pasa nada con las R, las X o las consonantes que sean ni con ninguna otra cosa. No he notado ningún otro tipo de sinestesia, ni con músicas, ni con colores, ni con números, ni con nada que se me ocurra.
    Un abrazo,
    Javier.

  2. “En este mundo traidor , nada hay verdad ni mentira, todo es según el color, del cristal con que se mira”. Esto nos decía Campoamor.
    ¿ Es más bonito el amarillo o el rojo ? Depende.
    ¿ De qué depende ? a veces depende de según como emplees esa armonía cromática.
    Esos dos colores unidos, solo nos gustan viendo la ropa de la selección y nuestra bandera. Si voy con una falda roja y un jersey amarillo, eso chirría. En cambio por separado, tanto monta, monta tanto.
    El rubor: eso que obedece a un defecto de la circulación, en el momento de sentirlo te meterías debajo de las piedras,( no gusta ) pero cuando lo aplicas para favorecer tu fisonomía, ese colorete, es imprescindible.
    El amarillo es precioso. La culpa de ese rechazo, se la debemos a Moliére con su “Enfermo imaginario” y su fuerte ataque de tos y posterior muerte. Pero a pesar de lo que muchos opinen, sea redondo o cuadrado, es muy favorecedor. ¡ Mira si sabían aplicarlo, Berger, Miró o Van Gogh.
    En los colores espectrales están incluidos el rojo y amarillo y… ¿ No es precioso “o noso arco da vella” con el color del oro y la sangre ?
    Y la Alhambra “Al Hambra” = La roja.

    Querido Fidel, lo dejo ya, porque ante el ordenador me emociono tanto como Nelson, la víspera de Trafalgar, y otros quehaceres están esperando turno.

    SEÑOR GOLOSO LOGROÑES con nEUmOnÍA.

    Castos biquiños palmeiráns.

    1. Supón un auténtico agasallo contar con aportacións como a túa, amigo Javier, e sobre todo pondo ao descoberto as sinestesias persoais coas cinco vocais, E non te queixes, porque a maioría da xente non as percibe e, de facelo, algúns pensan que se trata de algo patolóxico, cando non deixa de ser unha bendición no terreo da sensibilidade. Despois está “lo bello” de Kandinsky brotando da”necesidade anímica interior”. Está moi ben esa frase, o que me lembra -e non me vexo nada posto no ámbito filosófico- o título dun texto de Kant, que interpreto como un paso adiante sobre “lo bello” como estética, refírome a “Lo bello y lo sublime”, e isto me leva -mira o que sucede coas asociacións- a outro, co que estou máis en liña -en tanto supón unha forma de intentar romper con todo tipo de canon- escrito por Tàpies, “El arte contra la estética”. E así. Gracias, Javier.

      Non podo por menos que agradecer, con certo retraso, o comentario, o relato que fai a nosa Magdalena con respecto da miña entrada, se ben esta vez un pouco cargada de vermellos e amarelos., de rojo y gualda. De todos xeitos, o meu agradecemento.
      Saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>