Fervenza de sensacións e emocións de Nina

978849151188Eme Cartea. Antonio Piñeiro, profesor, editor, gravador, multipremiado poeta e narrador, coñecido e recoñecido no mundiño das letras, foi o gañador do Premio Torrente Ballester 2017, coa obra A través do fume, que hoxe nos interpela da man da Ed. Galaxia. A protagonista, Nina, regresa a Santiago dende o aeroporto belga de Zaventem «asolagada nunha fervenza de sensacións e emocións» a través do fume dunha viaxe interior que é espacial e dobremente temporal: do presente ao pasado, pero tamén da nenez á adultez. Un carrapito dialóxico no que conflúe o que ve, oe, sente e lembra coas palabras de súa nai e as súas propias reflexións de agora e entón.

Dende a conciencia da protagonista, o autor traza nunha narración magmática, intensa e participativa -entre o monólogo interior e o soliloquio, a modo de extenso monólogo intercalado-, a historia dun gran amor que sucumbe ao asedio da ausencia, sobre o pano dunha paisaxe humana, familiar e colectiva, propia da Galicia dos duros anos da emigración a Europa.

Finalmente, reconciliación consigo mesma e coa «terra», coma metáfora rota do que puido ser e xa non é, a non ser como viaxe imaxinaria e fantasía desexable pero imposible. O amor, como a vida, nunca retorna.

«A través do fume»

Antonio Piñeiro

Editorial Galaxia (2018)

126 páxinas

Un comentario en “Fervenza de sensacións e emocións de Nina

  1. Yo no creo que la distancia sea el olvido, querido Manolo. La distancia hace que te aferres más a ese amor que solo ves con los ojos de la imaginación y el deseo y el ansia de la proximidad. Si bien el contacto epistolar asiduo es fundamental, al amor nunca lo vence la distancia cuando es verdadero.
    Procuraré ver el planteamiento que Antonio Piñeiro da a ese gran amor reducido a humo, seguro que será una lectura relevante; los premios no se ganan de bóbilis bóbilis.

    Cariñosos saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *