Algo non cadra!

pexels-photo-45055Marina Losada Vicente. Abril. Gravata colgada do pescozo, como unha gasa ao vento. Gravata na man, camisa branca, chaqueta sen abotoar. Gravata pendurada do maletín, ancho e compacto. Gravata e chaqueta na man, camisa aberta ata a altura do peito, maletín en bandoleira, cargando contra as costas. Gravata asomando polo peto da chaqueta, a camisa branca, andar pousado, case ranqueando, zapato de charón. Gravata no peto do pantalón, do que sobresae unha fibela prateada, camisa branca aberta, chaqueta por riba dos ombreiros, a piques de caer ao chan enlamado, maletín de man. Porque non pon a gravata?

Non hai gravata, pero si ausencia dela. Delátaa a camisa de vestir, co primeiro botón aberto. A chaqueta dun traxe escuro, a xogo cun pantalón de pinzas, do que se borraron as raias. Unha carreira… chove. O home desaparece nun edificio de vivendas no que non hai anunciada ningunha actividade profesional. De que traballa?

Semanas vendo un vehículo aparcando na praza Xaltar, nas aforas da vila, aínda o día non abriu. Un descoñecido, sen alegría ningunha, baixa, cruza e entra nun portal. Acéndese a luz dunha cociña no primeiro andar. Chega de día á casa?

pexels-photo-63196Maio. Os dous mantemos os horarios, as 7:45 h. O traxe é negro, agora hai máis luz. Cara sen barbear. Maletín de coiro. Zapatos de cordóns de boa calidade. Un traballo de noite que pida gravata pode darse nun hospital,  nunha funeraria… A funeraria queda descartada, a de hoxe é vermella. Non parece vestir traxe por gusto… Xerente dunha fábrica? Xuíz de garda? Hotel?  Un casino? Utilizan roupa co logo da empresa, que non é o caso. Un prostíbulo de luxo… con horario de convenio?

O coche é de gama alta. A cor non pasa desapercibida. Unha mochila cara substituíndo o maletín, diría que contén un ordenador portátil, da que pendura a gravata vermella. Falta a chaqueta, pero o pantalón é de traxe; o de hoxe deixa ver uns calcetíns executivos negros. Zapatos castellanos.

Xuño. Tropezo co home, barbeado, cunha gravata verde anoada no colo da camisa branca; o traxe negro sen unha engurra. Mochila. Zapatos brillantes. Andar enérxico, cabeza erguida. Entra no coche cando son as 21:15 h. Sóalle o móbil e contesta, “como digha señor…“, en galego con gheada! Teño que pescudar en que traballa. Algo non cadra!

2 comentarios en “Algo non cadra!

  1. ¡¡ Seguro, seguro, que es Andrés !!
    Andrés, querida Marina, sufre el sindrome de Dafne; el del miedo a la sexualidad, por eso se metió sexólogo de pollos, y para compensarlo, adquirió el de Aristóteles, el de la superioridad, de ahí esos gustos estéticos en la vestimenta tan conservadores.
    El maletín es un mero instrumento de camuflaje, ya que sólo lleva en él clinex que utiliza después de insertar su índice por vía perineal.
    El coche, dices que es de gama alta. ¡ Tiene varios ! El sueldo de un sexador de pollos es equiparable al de un ministro con cartera. De ahí, lo del maletín.
    El cambio de tanta corbata ya puedes imaginarte a que se debe. Un sueldo tan elevado casi siempre va impregnado de olor a heces. ¿ Ahora, te cuadra ?

    Querida marina, después de esta broma, solo me resta decirte que tu cabeza vale más que un potosí, me encanta leerte.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *