Influencia artística

florencia-cupula-brunelleschi-010Domingo Regueira. Eles, poetas, pintores e escultores, foron os que a través da historia máis contribuíron ácreación do mundo espiritual, inventando imaxes, doutrinas, lendas, fábulas, oráculos, teofanías … Eles modelaron escenarios, santuarios e deuses, engadindo cantos e músicas que colmaron de fantasía as puerís mentes plebeas mostrándolles anxos voadores, apóstolos de a cabalo, ou espaventos e manes que saían aos camiños.

Centrando o dito: evanxelistas, profetas, misioneiros, bardos e trobeiros non fixeron, en por si, ningúns prodixios tanxibles nin metafísicos. Non, eles foron e seguen a estar dirixidos polos mesmos que crearon servos, señores e tiranos.

Os aliens, de cando en vez, mandan algún Brunelleschi capaz de apañarse para dirixir a descomunal cúpula da catedral de Florencia; mandan un Miguel Anxo, que rebenta de xenio pintando cara arriba esa endemoñada cúpula; ou mandan a Peter Eisenman para asombrarnos co espantallo do Gaiás.  Logo, entre outros, mandan políticos tóxicos, monarcas pendóns e presidentes idiotas.

Estes galácticos dannos tamén habilidades para manexar móbiles co dedo, ordenadores para xogarmos en Facebook, e tarteiras dixitais onde sae o que lle cadra.

Coido que este mundo foi unha especie de vertedoiro ou punto limpo doutras galaxias onde verteron os humanoides que lles saían defectuosos. De aí as razas negra e  branca, e os sexos masculino, feminino e ambiguo.

94-detailUnha vez nacidos, o que fan é instalarnos un espírito, cunha tarefa a seguir durante a vida –incluídos traballos, hipotecas e impostos– por vivir no planeta. Polo tanto, deberían quedar absoltos de xustiza humana todos os corruptos, estafadores e furtivos. Eles non son responsables das súas perversas almas.

Outra das utilidades que nos implantaron na conciencia –na que apenas reparamos–, son os sete pecados capitais, que nos fustrigan a existencia cando, o que debían facer, é depararnos un control da natalidade para gozar sen abarrotar o planeta de parados, senadores, delincuentes e chineses.

Despois dos artistas cavernarios viñeron os megalititeiros, levantadores de dolmens, templos faraónicos, catedrais e castelos, erguidos a base de callos, lumbagos e improperios. Isto confirma que a conduta da raza humana é causa de ignotas intelixencias con ganas de amolar.

Entrementres, intentaremos comprender este arcano enigma: coa boca aberta, miramos á pantalla esperando que os candidatos nos estimulen o sistema cognitivo para que as condenadas almas nos aconsellen a quen votar, servir e manter.

2 comentarios en “Influencia artística

  1. Moi boas , noso Mingucho:

    Te contesto un poco tarde porque acabamos de entrar en casa. Hoy tampoco he dejado de lado el cumplimiento de un deber cristiano para asistir a un festejo mundano, he tenido tiempo para las dos cosas, porque en mi mente “pueril y plebeya” ( como tú nos llamas a los creyentes ) todavía alberga una duda razonable en cuanto a lo que han escrito esos cuatro evangelistas, y ante la duda apliquémosle aquel principio jurídico “in dubio pro reo” o sea a favor de tu creencia. No es que esos sesenta y seis libros contengan noticias frescas como para ir a escucharlas cada domingo pero, ya que muchos defienden la estética de lo inverosímil, nosotros los creyentes, somos los surrealistas de los sueños con ángeles voladores y de apóstoles a caballo. De ese caballo blanco que luce en nuestra hermosa catedral compostelana, pues nada tenemos que envidiar a “Al Borak”, el caballo que llevó a Mahoma desde la tierra hasta el séptimo cielo.
    ¿ No te parece más lógica la Historia Sagrada que la Mitología ? y cuanto nos gusta ésta última ¿ verdad ?.
    “Si el creyente es un farsante, el ateo lo es muchísimo más. El creyente es capaz de decir – yo creo – dirigiéndose sólo a su propia conciencia. Pero cuando el ateo dice – yo no creo – se dirige siempre a un público”. Palabras del gran Jardiel Pomcela.
    ¡ Ah, y el Gaias, me encanta !

    Ay, ay, que manera de llevarte la contraria, noso Mingucho, con lo bonita que te ha quedado tu entrada, siempre en tu línea tremendista pero muy , muy buena. No me hagas caso, ya sabes el cariño que te profeso. Además referente a los políticos te doy toda la razón. Más que a cualquiera de ellos, admiro a Enriç Bernat, que fue el inventor del chupa chups.

    Besiños desde o Brañal o Porto.

    1. Querida veciña:

      Quedo aparvo pola túa axilidade deslizándote polas teclas. Recórdame o amigo Don Carlos G. Bayón, cando me dicía que para ser escritor era necesario dispoñer de moita memoria.

      Isto apreciase nas túas apostilas. (Eu só teño a do ordenador).

      Como dicía D. Ramón “tes a alma desligada do teu corpo e camiñas o teu libre albedrío”.

      Como el contaba, “nada se aprende, todo está dentro de nós”. Coido que isto o percibiu a partir dun resplandor que o deixou ceibe da tiranía da súa alma.

      Digo tiranía, porque segundo contan algúns sabios, a nosa vida está pre-diseñada, e so poucos son os unxidos pola divindade para ser taumaturgos e crear obras monumentais.

      Poño por caso ós xeniais, Bruneleschi, Leonardo, M. Anxel, Mozar… por un lado.
      Aínda que por outro a divindade tamén embadurna a Torquemadas, Trumans, Musolinis, Hitlers e outros…

      Como ves, sigo aboiado polo cosmos e dificilmente nos encontremos no teu ceo, que segundo me contan, —e cho quero transmitir —, alí os anxeliños do coro din que son de cartón pluma e os cantos celestiais en playback.

      De calquera maneira (para aquela) coas tecnoloxías que alí dispoñen, seguiremos discutindo sobre a realidade de cada cal.

      Ceibando o maxín xa vos estou vendo fronte o palco, ti cun chupachús de “Bernat” e o Apóstolo pastando co cabalo voador.

      Grciñas Magda.
      Un bico dende o Eitón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>