O labirinto do Pelouriño

pelou1Xerardo AgraFoxo. Cheguei cedo ao corazón da cidade histórica, a zona alta onde se concentraban os seus monumentos e a praza bautizada co nome do Pelourinho, a columna onde castigaban os escravos rebeldes e os criminais. Un par de guías turísticos intentaron dirixir os meus pasos na Praza da Sé, pero axiña desistiron das súas intencións. Ao tempo que camiñaba polo Terreiro de Jesús decateime das excelencias da zona monumental, tal como puiden comprobar nunha placa situada na fachada dun edificio: “O Centro Histórico de Salvador coraçãodo Brasil, hoje pulsa mais forte como Patrimonio da Humanidad”.

pelou2Máis de 800 mansións, pertencentes á burguesía que controlaba as plantacións de café e os enxeños azucreiros, xunto coas numerosas igrexas barrocas, algúns din que unhas 365, unha por cada día do ano, configuraban unha cidade que salientaba, ademais de pola súa excepcional riqueza artística, pola mestizaxe e o sincretismo que amosaban as xentes que moraban naquel abeiro de beleza incomparable. Unha fascinante metrópole que se converteu no escenario das novelas de Jorge Amado, o escritor que coas súas historias e personaxes, como Dona Flor ou o Tereza Batista, construíu unha imaxe mítica da capital que el sempre bautizou nos seus libros máis referentes co nome de Baía.

Un comentario en “O labirinto do Pelouriño

  1. Boas festas, inquieto nómada Xerardo.
    Oxalá eu puidese ser así de desasosegada, ou sexa, por ver mundo.
    Espero que polo menos en estas datas te sintas un pouquiño sedentario e comas o turrón na casa.
    Felices festas e moita saúde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>