X.M. Carreira Antelo: Un musicólogo noiés

150 anos da musica galegaPastor Rodríguez. Non hai dúbida de que o Barbanza conta cun dos grandes musicólogos galegos e con prestixio internacional, o padre xesuítico José López Calo. Ao seu carón hai que situar a X. M. Carreira Antelo, nacido en Noia o 24 de xuño de 1954. Presidiu o Instituto Galego de Ciencias Musicais e é membro do consello de redacción da prestixiosa Revista de musicología. Colaborador do Diccionario de la música hispánica, da Stonia dello spectacolo musicale e do New grove dictionary of opera. En 1979 publicou, en colaboración con M. Balboa, o volume 150 anos de música galega e, tras el, moitos artigos especializados como La tasa y regulación del Coliseo de Óperas y Comedias fabricado por Setaro (A Coruña, 1772) na Revista de musicología (X, 2, 1987); La temporada teatral 1791-92 en A Coruña (El pleito Cañizares-Nicolini) na Revista del instituto José Cornide (26, 1991) ou El teatro de ópera en la península Ibérica ca. 1750-1775. Nicolà Setaro na obra De musica hispanica et aliis (II, 1990), en homenaxe ao padre Calo. En galego publicou Os vilancicos de galegos na liturxia do Nadal nas eirexas ibéricas e americanas nos séculos XVI ao XVIII (C.E.D.G, 68, 1987) ou Rosalía e a estética musical (Rosalía Viva, ANT, 1990). Colaborador da Gran Enciclopedia Gallega con varias entradas, entre elas a dedicada ao músico da Pobra do Caramiñal, Egidio Paz Hermo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *