Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXII. Ángels Cardona

518-01Román Arén. A presenza do Camiño de Santiago, da peregrinaxe xacobea, está presente na poesía castelá dende a Idade Media, nas obras maiores de Gonzalo de Berceo e do arcipreste de Hita, e esa tradición, algo esmorecida ata o século XX, volve de novo nese século. Un bo exemplo pode ser un libro de Ángels Cardona Castro (Tarragona, 1923-Barcelona, 2011): Camiño de Santiago, el rostro del paisaje, editado en 1989. A autora, doutora en filoloxía Románica e profesora na Universidade de Navarra, ademais de estudos literarios, é autora de varios poemarios en castelán: Poemas de mi muerte joven (1983), Oratorio (1987), Segundo oratorio (1989), El libro del alba (1991), Aunque haya niebla (1992), Segundo libro del alba (1994), Conversaciones con los ángeles (1998), entre outros, mais tamén doutros volumes poéticos en catalán como Miratge d’amor (1996), L’any transfigurat (1997), Gènesi: els quatre elements (1998), La fosca (2000), Les veus del riu (2001), El foc (2002), Espurnes (2004) e Esgarrinxades (2006), ademais das novelas El cavall (2007), Pels camins i les dreceres (2007) e El capellà (2009).

Amoso o poema “Rostro de la Plaza del Obradoiro en vista aérea”:

Tejados que masculláis / una plegaria en concierto, / torrecillas que apuntáis / desde antiguo al mismo cielo. / Viento que doráis fachadas, / persiguiendo los sombreros / de curas y forasteros. / ¡Oh plaza del Obradoiro, / desde las nubes te veo, / rostro de las tejas rojas, / y los ángeles de piedra / y el doblar de las campanas / que tocan a jubileo! / ¡Tejados, torres y viento: / lluvia sin tiempo!

A poesía xacobea é, queirámolo ou non, unha presenza que nos fai cosmopolitas, está en Dante e en Chaucer, en Shakespeare (Ben está o que be acaba), en Ludwig Uhland e Víctor Hugo, en Apollinaire e Rilke, na poesía portuguesa e brasileira, na poesía popular vasca e eslovena, inglesa e francesa…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>