Día da conciencia negra

cafe7aXerardo AgraFoxo. Aquela xornada era festiva por celebrarse o Día da Conciencia Negra. Os actos comezaran uns días antes na capital estatal. Coincidindo con esa celebración, o xornal Folha de São Paulo publicara este diálogo nun consultorio hospitalario da contorna:

Vostede é o médico?

Si, son eu.

Como?

Señora, pode entrar.

Non vou entrar. Non quero ser atendida por un “preto”.

O Dr. Roberto chamou o próximo paciente e continuou co seu traballo de maneira natural, como se nada tivese acontecido. O crime do racismo foi no 2014, pero ficou gravado na memoria del coma se fose onte.

Despois de ler o xornal, sentei na praia de Santos cunha parella de São Paulo que me explicou como xurdira o Día da Conciencia Negra no Brasil:

cafe7bCelébrase cada 20 de novembro. A data coincide coa morte no ano 1695 de Zumbi dos Palmares, o líder dos escravos.

Como o mataron?

Zumbi foi asasinado nunha emboscada e a súa cabeza exhibida nunha praza pública. Os colonizadores vingáronse del porque logrou formar unhaRepública negra que chegou a máis de 20.000 habitantes.

A execución de Zumbi foi un terrible escarmento para evitar outras revoltas semellantes. O poder colonial, para defender a súa cobiza, ameazaba sempre coas súas gadoupas de ferro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>