A maleta

maleta-cinta-transportadora_62754-422María Xesús Blanco. Estaba nerviosa. Era a súa primeira viaxe soa e tanta xente arredor da cinta transportadora producíalle desasosego. A súa maleta tardaba en saír. De súpeto apareceu unha moi similar pero levaba na etiqueta outro nome e dirección. Algúns dirixíanse á zona de saída. Unha ringleira de xente seguía a espera. As mans suxeitas aos teléfono móbiles. E as mochilas ao lombo ou entre as pernas. O tedio da espera. Tres mozas e dous mozos fanse unha foto. Os cinco moi pegados. Como pano de fondo o anuncio de chegada do seu voo nunha pantalla xigante. As cabezas moi xuntas. Querían saír todos e que se vira ben o lugar onde estaban. Anna distráese ollando as letras luminosas detrás das súas facianas adobiadas cun sorriso enorme. A envexa bólelle no estómago. E as ganas de tomar un café tamén. E de ir ao baño. Ir ao aseo primeiro e despois pedir un café quente con escuma. A maleta que non sae. O vixilante de seguridade teso. Mirándoa circunspecto. Séntese observada. Algo temerosa nese aeroporto inmenso e descoñecido para ela. E pensa en todo o que meteu dentro dese vulto xigante e do que podería prescindir. Varios anos da súa vida. Talvez por iso tarda en saír. Porque é moi grande. E porque pesan moito as cousas innecesarias. Quedaría esquecida en algún lugar. As imprescindíbeis van na equipaxe de man. E os libros e o portátil na mochila. En realidade non necesita máis nada.

Ao seu arredor xa non queda ninguén. A xente arremuíñase agora ao carón doutra pantalla anunciando un voo procedente dun lugar exótico. Non sabe que facer. Definitivamente terá que ir ao departamento de reclamacións. De súpeto ve aparecer algo que lle resulta familiar polo oco de saída de equipaxes. Pero Anna xa non pode aguantar máis as ganas de ir ao baño. Arestora a maleta terá que esperar silandeira na cinta transportadora.

Un comentario en “A maleta

  1. Buenos días, María Jesús :
    Conocí a una chica muy nerviosa que era incapaz de estar serena en una cola, cuando alguien le decía que tenía que tener paciencia, ella siempre contestaba: “La paciencia es un mísero consuelo para mi corazón ansioso”.
    Ahora al leerte me vino a la memoria; ella también sería capaz de marcharse sin la maleta por no guardar turno.
    La maleta también me hizo recordar una buena novela que leí y releí por lo mucho que me gustó. Es de Jonas Jonasson y se titula “El abuelo que saltó por la ventana y se largó”. Si no la has leído, te la recomiendo, es genial y te reirás lo indecible; creo que fue el libro que más me ha hecho reír de todos cuantos he leído. Es buenísimo.
    Gracias por tu entrada y cariñosos saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *