A cousa común

dividing-houseMarina Losada Vicente. Era o tema do día, da semana e ameazaba con ser o tema do mes. A cousa ía para tempo. O concello proxectaba abrir unha rúa que atravesaba un campo baldío ao que daban casas que tiñan esa zona como patio in diviso, amén de pequenas fincas de propiedade múltiple dado o carácter miniparcelar ao uso. En tempos chegaron a dividirse casas ao medio, por herdanza de varios irmáns, que abriron portas no que eran ventás para facer entrada, sen encomendarse a permiso algún.

Carmenciña escoitaba anoxada como a veciña se queixaba de que lle levaban dúas cuncas de terra. Anoxada é pouco. Doída. Nun arrebato digno de ser gravado, levantou a voz para eloxiar a obra pública. Palabras como o ben común, pensar no futuro, deixar atrás concepcións arcaicas da propiedade. Parecía comunista a muller. Defendeu o dereito da maioría en contra dos intereses privados. Boa sería se non. Nin escolas, nin estradas, nin hospitais… terían lugar ante a actitude de persoas que cualificou de ”incívicas”.

Uns días despois presentouse ante min cunha carta da Deputación, Servizo de Patrimonio e Contratación, dirixida aos herdeiros de Palleiro sen Palla -aplico aquí a lei de protección de datos-, como propietarios dunha leira afectada polo expediente de expropiación forzosa, por causa de utilidade pública, que se levarán a cabo entre a Leira de Arriba e a Leira de Abaixo -volvo ampararme na lei de protección de datos, tan recorrida nos últimos tempos.

En canto collín o requerimento xa sabía eu de sobra de que ía, por todos os demais que xa tiña visto aqueles días, mais Carmencita non tiña nin idea de que se trataba. Unha vez que lle expliquei o contido, dixo que era un erro, que non tiñan propiedade algunha nesa zona. Aclarado que o señor Palleiro sen Palla era o finado de seu avó, recomendeille que o falase na casa. Uns días despois presentouse moi chea de razón coa carta.

-Mira ti que cousas -dixo-, mamá xamais falou desa cunca de terra que herdara o avó dunha tía súa. Faime rapidamente un prego de descarga -foi como lle chamou ao recurso de reposición-, non vaian pensar “eses” que van quedar con algo que é da nosa familia.

2 comentarios en “A cousa común

  1. Bo día: O de arrimar a sardiña á súa comenencia… Non me sinto allea a eses cambios, que se producen en canto alteras o nome ou nomes dos suxeitos interesados, máis sería bo ter unha pouca de memoria e outro pouco de precaución no que dis. Por aquilo de “non cuspas para riba…”. Bicos, Magdalena.

  2. La Carmencita, obró igualmente que aquel abogado que defendía al vecino del tercero por causa de algún desperfecto que se había producido desde el cuarto piso.
    “Una regla de oro del Derecho : quien es causa de la causa del mal causado, debe indemnizar al perjudicado”.
    Eso le decía el abogado al del piso superior.
    Entonces, el del segundo, le replicó al abogado que por causa de su cliente, que había tenido una fuga de agua, él, su cliente, también era causa del mal causado.
    El abogado sin pensarlo respondió: “En realidad, hay que considerar también ciertos detalles…Si la tubería de la casa forma parte de los elementos comunes, el daño emergente quizá deba imputarse pro indiviso”.

    Ya ves, querida Marina, tanto Carmencita, el abogado, zurdos y diestros, el único bando que conocen es el de su codicia.
    Un fuerte abrazo desde la bonita Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *