Zona nova, zona vella

Foto: La Voz de Galicia

Foto: La Voz de Galicia

X. Ricardo Losada. Hai unha película, creo que de Sorrentino, na que un dos personaxes di que os auténticos habitantes de Roma son os turistas. É un dos grandes problemas ao que se enfrontan na actualidade moitas cidades turísticas do mundo, desde Santiago a Barcelona, por mencionar só dúas moi próximas. Non vou tratar aquí un problema no que nunca profundei, do que teño unha información moi limitada e unha experiencia moi parcial, a do turista, incluso en Santiago, cidade na que vivín sete anos como estudante, pero nunha época (os anos oitenta do século pasado) na que o problema turístico non acadara as dimensións actuais.

      A miña relación con Santiago é hoxe unha relación difícil, pero non polo exceso de visitantes. Supoño que como residente estaría molesto, mesmo como turista (non me gustan as zonas monumentais convertidas en parques temáticos), pero como visitante ocasional non me alteran o máis mínimo as masas de turistas que ocupan as rúas en temporada alta. Vivo nun sitio moi tranquilo, no que é difícil ver xente pola rúa ou nas cafeterías e, como é lóxico (lóxico para min), cando viaxo gústame gozar o contrario do que teño na miña residencia habitual, por moito que non sexa o meu ideal de vida. Creo que esa debe ser a razón de que me gusten os aeroportos ou as estacións de autobuses e de trens en hora punta.

      A nivel persoal, o problema que lle vexo a Santiago é outro. Desde que deixara de vivir alí, gustábame ir e atoparme con persoas que había tempo que non vía, xa fose na zona vella ou na zona nova. Hoxe non atopo practicamente a ningún daqueles coñecidos, debido, supoño, a que a maioría deles non eran autóctonos nin acabaron traballando alí, e esas ausencias provócanme unha sensación tan estraña e desagradable que, pouco a pouco, fun facendo máis curtas e finalísticas as miñas visitas a Santiago: comprar libros, visitar exposicións, ir ao cine, de tal forma que a miña mente acabou levantando un viaduto entre o meu Santiago de estudante e o actual parecido a ese que din que hai na cidade de México (30 millóns de habitantes) e que a divide en dúas partes, a norte e a sur, de tal xeito que se dous noivos viven un na zona norte e outro na sur, din que é mellor deixalo porque os amores a distancia non funcionan. É o que me está pasando a min con Santiago. Aínda que seguimos profundamente namorados, estamos tan lonxe, que decidimos que sería mellor deixalo.

5 comentarios en “Zona nova, zona vella

  1. Prezada Carme:

    Creo que, máis que un gusto, é unha necesidade psicolóxica. Pásame o mesmo co turismo rural ou cos balnearios, pero á inversa. Non me gustan, xa que Rianxo ofréceme o mesmo, e con moita máis intensidade. Gozo moito máis de tranquilidade na terraza da miña casa que en calquera casa dos Pirineos que, por pouco habitual, sempre tensa o meu sistema nervioso. Reláxome máis coa brisa do paseo marítimo de Rianxo que con calquera das sofisticadas correntes de auga dun talaso. Para min é algo tan evidente que segue causándome asombro que a xente non o entenda. POr exemplo: non me gustaría que a praza de Castelao estivese chea de xente todos os días como o está o último día das festas. Pero ese día encántame vela e vivila así.
    En fin. O importante é que haxa sensibilidades distintas, mesmo opostas, e que ninguén intente impor a súa aos demais.

    Apertas agradecidas

  2. Pues que Dios te conserve el gusto, querido profesor… Si vivieses en Madrid no pensarías lo mismo: las horas punta desquician al más sosegado, sobre todo cuando se siente arrastrado por el gentío al entrar o salir del Metro.
    El cambio operado en Santiago fue mucho más duro para mí que, salvo alguna visita relámpago en Año Santo, hace más de cincuenta años que dejé de frecuentar la ciudad y, cuando tuve ocasión de hacer una visita más reposada, los recuerdos de mi etapa estudiantil no encajaban en aquel ambiente y entorno.
    Tenía pensado dar un paseo con mi hija, pero, en vista de que está cayendo el agua a cántaros -cosa poco frecuente en Madrid-, hemos decidido dejarlo para otro día.
    Y aquí me tienes ante el ordenador viendo las novedades que transitan por “Café Barbantia”, sobre todo, los comentarios con los que Magdalena pone broche de oro a vuestros artículos. Aunque parezca un contrasentido, el tiempo se me pasa en un suspiro desde que comenzó la pandemia.
    Un afectuoso abrazo simbólico a los dos.

  3. Amín tamén me emociona que te emociones cos “consellos piadosos” dunha amiga, pero xa vexo que lle tes tanto cariño ao santo medieval como lle tiña Pizarro cando dicía del: “¡ Santiago, pero home, que te entusiasmas arreando !
    Alédame saber que polo menos che gusta a oración de Alonso de Ledesma; non cabe dúbida de que o gusto, non ten nada que ver coa fe.
    Esa maiúscula da casa, sigo pensando que a merece máis aínda, que o arquitecto que a pergeñóu.
    Unha aperta, querido profesor.

  4. Prezada Magdalena:

    Agradezo moito ese consello pois sei que ten moi boa intención. Pero xa sabes que a miña sensibilidade é moi simple. Emociónase máis coa conversa cun bo amigo (ou cos consellos piadosos dunha amiga) que cos milagres dun santo medieval.

    A oración é fermosa, sen súbida. Só lle sobra a maiúscula de Casa. Nin sequera a casa na que nacín ten esa maiúscula para min.

    Apertas rianxeiras

  5. Buenos días, querido profesor:
    No he tenido la suerte de estudiar en Santiago, por tanto para mí, esa bonita ciudad era un lugar que me infundía temor, ya que solamente la visitaba para ir a especialistas en determinadas enfermedades, o al hospital. Ahora es diferente. Allí es donde vive mi hija y vamos a Santiago por diversas causas mucho más agradables que las anteriores; incluso a pasar un domingo por la zona de la Herradura paseando y respirando aquellos límpidos aires, y como no, sin olvidarme de la emblemática zona vieja.
    Si me permites un consejo, ahora que no puedes encontrarte con viejos conocidos y estudiantes de antaño, te sugiero que te des un garbeo por el Obradoiro, entres en la admirable catedral, y allí encontrarás a un amigo que espera el abrazo que seguramente en otros tiempos le has dado. Segurísimo que te compensará la carencia que te ha dejado el recorrido del camino del tiempo.
    Yo nunca dejo de entrar, y como el “Criado agradecido” de Alonso de Ledesma, rezo esta preciosa oración:
    Hombre, pues ves que has llegado a casa de tu Señor y sabes con el amor que siempre te ha sustentado, no te pases descuidado sin ver Al que te crió. ¿ Porque, qué mozo sirvió que no entre cuando pasa a reconocer la Casa y el pan que en ella comió?.
    Espero que te guste, tanto como me gusta a mí.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>