Câmara de Lobos, o lenzo de Winston Churchill

camara 1Xerardo AgraFoxo. Aínda que este enclave mariñeiro, bautizado con tan curioso nome polos «lobos mariños» que atopou João Gonçalves Zarco no seu percorrido por este arquipélago, é a vila máis fermosa da illa, grazas ao seu porto natural, coas barcas ancoradas coma baleas nas ramplas do peirao e as vivendas tradicionais amoreadas ao redor duns rexos cantís, outros aspectos nada xeográficos o converteron nun lugar demandado polos turistas na procura das súas riquezas gastronómicas: o «peixe á espada»; o delicioso «bacalhao á gata», secado nos mesmos restaurantes; a «poncha», un licor mesturado con cana de azucre e zume de limón natural; e os saborosos «bolhos de mel».

camara2No entanto a beleza do seu entorno urbano e a variedade dos seus típicos pratos de tradición local, todos os anos as rúas e prazas de Câmara de Lobos son visitadas por turistas ingleses cun motivo ben diferente: recrear a estadía realizada nos anos 50 do século pasado polo premier británico Winston Churchill, que deixou lembranza das súas pegadas por estas calellas plasmándoa con delicadeza nun fermoso lenzo. Dende aquela, o político e Premio Nobel de Literatura, aparece reflectido en varios locais comerciais e un busto singular ocupa un lugar preferente no paso marítimo, o cal pode albiscarse dende un recanto bautizado, como non podía ser doutro xeito, co nome de «Miradoiro de Winston Churchill».

Un comentario en “Câmara de Lobos, o lenzo de Winston Churchill

  1. Certas veces, Xerardo, dame medo ver eses sitios por donde te atopas, e penso que hai que ser moi arriscado e valente para facer esas viaxes, pero vendo o que nos ofreces ultimamente, xa compensa por todas elas.
    Saudiña, Xerardo, una aperta palmeirana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *