Conversas de escaparate. Cegueira

1 fidelFidel Vidal. -Se el me traizoou eu non vou facer o mesmo en vinganza.

-Ese traidor debería probar da mesma medicina. Teno ben merecido o moi cabrón.

-Alto aí. Aínda somos noivos, unha parella.

-Noivos si, pero non parella. Unha das partes adornada cunha diadema de cornos.

-O que me pides deshonraría o meu nome.

-Zorregaríaslle un lapote a ese malnacido.

-Recunco. Sobra o de malnacido como sobraba o de cabrón.

-No de cabrón levas razón.

-O que estou é obsesionada en saber por onde andará e con quen?

2fidel-Inocente. Deberían tremerche as pernas só de pensalo. Doen as verdades.

-Daquela estásme aconsellando que me deite co primeiro que pase por diante do escaparate? Pretendentes non me han faltar, ti sábelo ben.

-Unicamente pretendo que reflexiones, para que máis adiante non odies e non aborrezas ao resto dos homes. Non todos son iguais.

-Iguais, iguais. Xa quixeras para ti un parecido.

-Agardo que non te deixes levar pola cegueira do amor ou diso que sentes por el. A peor cega é a que non quere ver

-Un sermón que demostra a túa ignorancia sobre o amor.

-Non saberei nada do amor pero si de amor. E de moito amor.

-Ti mesma o apuntaches: estou cega. Non me chista que me digan as verdades que eu coñezo.

-Unha mágoa. Un desperdicio de paixóns. A túa por quen non che merece e a miña por quen non ve o que ten diante.

5 comentarios en “Conversas de escaparate. Cegueira

  1. Me pregunto qué carajo pinto yo aquí… (Ya puestos a soltar tacos, que es el único recurso que me queda…)
    Es admirable, Fidel, el realismo que haces desfilar por este escaparate.
    Lo cierto es que sois dos luminarias del ingenio y una se queda sin respuestas a la altura.
    Un abrazo (en mi caso no necesita el añadido de “casto”) a los dos.

  2. Resposta:
    1- Aquel que se da conta de que nada é demasiado importante.
    2 Aquel que non ten medo ao por vir, porque o que teme xa sufre de temor.
    3- Aquel que sabe que por falar máis alto non ten máis razón.
    4- Aquel que sabe que virtude e valores van xuntos.
    5- Aquel- en este caso a do escaparate- que sabe que as pasións son boas cando se ama, pero que son moi malas cando nos escravizan.

    Non sei si todas estas sentencias nos fan ser completamente donos de nos mesmos, pero polo menos escravos, non. E se as seguimos, nunca saliremos EsqUIlAdOs.
    Castos biquiños

  3. Ya sabes, admiradísimo Fidel, que “el castigo de los necios es su necedad” (esta frase podrá aplicársele a esta novia) y que “el que no tiene carácter necesita un método” (parece que lo necesita ) pues, “el que no es dueño de sí mismo, no es dueño de nada” y acabo con esta otra frase, “Amor loco, yo por ti y tú por otro”.

    Muchos creen que… LIGAR ES SER ÁGIL y les gusta practicar el AdUltErIO.

    Castos, moi castos biquiños.

    1. Concordo contigo, atentísima Magdalena. Mais dubido que os que padecen de necidade sexan quen de aceptaren un método. Por intentalo que non quede. Mais propóñoche unha pregunta para a segunda cuestión: quen é realmente dono de si mesmo?
      Agradezo os castísimos bicos, se iso é posible. Ai, os vellos verdes! Ai, os mozos verdes!
      O XIL É LIXO, cOstUrEIrA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>