Ponta do Sol, as raíces de John dos Passos

ponta 1Xerardo AgraFoxo. A cita era na Igrexa da Nosa Señora da Luz, onde debía actuar a soprano. Mentres agarda a hora prevista, Ponta do Sol, o lugar da illa con máis días de luz ao ano, aparece coma un fato de casas cinguidas por outeiros bicudos e un mar de ondas bravías. Nunha praza atópase o Centro Cultural John Dos Passos, aberto na memoria do autor de Manhattan Transfer, porque dende aquí, onde comezaron as primeiras explotacións agrícolas dedicadas aos plátanos, partiu o seu avó, Manoel Joaquim Dos Passos, para emprender coma outros illeiros a súa aventura norteamericana.

ponta 2Sabemos que o escritor visitou a terra dos seus devanceiros dúas veces: a primeira en 1905, cando era un cativo de nove anos; e a segunda, acompañada da dona e a filla, no 1960, dez anos antes do seu pasamento. Pero non sabemos se Dos Passos visitou Noia logo da carta que lle remitira no ano 1933 Ernest Hemingway dende A Habana: Podes conseguir un coche barato para ir a Santiago dende Vigo. Ide a Noia tamén, emprega os malditos dólares antes de que non vallan nada. Camiñaría o autor de Paralelo 42 pola Praza do Tapal? Vería algunha «tourada» no Curro?

Chegou a soprano á cita prevista? Seguramente, pero o viaxeiro, desnortado entre tantas reviravoltas do camiño, talvez confundiu a data.

Que mágoa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *