Conversas de escaparate. A inmortalidade

OLYMPUS DIGITAL CAMERAFidel Vidal. -Velaquí unha instantánea: a inmortalidade tirada nun instante.

-O intre no que o fotógrafo disparou a cámara despois de apuntar o obxectivo cara a nós.

-Daquela seremos inmortais, non si?

-Como imos ser inmortais se carecemos de vida? Só os mortais poden ser inmortais.

-Non entendo. Os mortais morren, e acabouse.

-Aínda desaparecidos do mundo, permanecerán na memoria dos tempos.

-Mudamos de roupa e de escaparate e arestora, pola contra, na estampa seremos idénticas cada segundo ou cada día que pase.

-Arrepía pensar nunha imaxe sen volume.

-Permaneceremos iguais nunha fráxil quietude, pero subsistiremos.

-Ti cres? E se lle prenden lume?

foto2-Entón converterémonos en fume e cinzas. Mais continuaremos na mirada e no recordo dos afeccionados.

-E de quen nos vexa agora.

-O tempo das bonecas e o das nenas non goza da mesma duración.

-Para o fotógrafo coido que si. Demostra certa querenza por nolas dúas.

-Unha forma de querer, como se fósemos nenas.

-Un retrato para a eternidade.

-Si, moi axeitado para expor nun nicho o día de mañá.

-Iso debe ser a inmortalidade. Unha pegada que se vai esvaecendo.

6 reflexións sobre “Conversas de escaparate. A inmortalidade

  1. Puedes hablar querido Fidel: A ciertas edades ya estamos curados de espanto, aunque en el fondo hayamos sido educados con ciertas reglas de decoro y de virtud moral para que lo que se hace o dice, en ciertos momentos, parezca bien a nuestros ojos y a los de los demás.
    También, desde aquí, mi saludo para todos esos estupendos escritores que diariamente frecuentáis la Cafetería Barbantia, por hacernos los días más amenos, con vuestros magníficos artículos. Sobre todo, a quienes tímidamente nos acercamos por allí de vez en cuando.
    Mucha felicidad en estas fiestas que se avecina. Con salud para todos y que a mi no me falte.
    Un gran abrazo.

    • Moitísimas grazas, prezada Naty. Con todo e iso, e aínda que algún de nós non as respectos en demasía, vivan o decoro e as virtudes morais! Saúde e que non nos falte o bo humor.

  2. Apreciado Fidel: Malas lenguas, siempre las hubo, pero dicen que no es la primera que sube al pódium, porque antes la pasaron por el aro.- La otra lo sabía de buena tinta, pero aún así…
    A veces, la mejor de las amigas, le saca la piel a la otra. “Sobre todo, se os atributos do gañador son superiores aos da crítica. Sempre foi así e seguirá sendo, mentres que haxa mulleres máis fermosas que outras”.
    Un bico.

    • Ai, as malas linguas! Hai quen, por ignorancia, non é capaz de captar unha metáfora e vólvese agresivo. Non me fagas falar, prezada Naty…
      Un bico e saúde para todos, cos meus mellores desexos especialmente nestas datas tan celebradas.

  3. “Os mortais morren e acabouse”. El olvido que seremos – como decía Borges – .
    “Dunha forma ou doutra forma estamos condenados a esmorecer”.
    Ese é o pensamento dunha delas.
    “Ser- éter – no – ser- ”
    O pensamento da outra compañeira.

    E como eu penso que de calquera xeito as duas teñen razón, non teño desexo de insistir máis no obvio. Non hai regra sen excepción.

    DEVOTO VED ESA BASE, ESA BASE DEVOTO VED. lUtErAnIsmO.

    Canto probeito se lle saca as obras dos bos escritores, xa me entendes.
    Castos biquiños.

    • Condenadas manequíns, tan faladoras elas e tan pe(n)sarosas! Van acabar connosco. Bo proveito, mandadora de ca(r)stos e bicos. Mais lembra, cAUtErIO, que O BOTE NON É TOBO.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>