A “Real” fonte

Pico_Sacro_Galicia_001Xosé Manuel Lobato. O raio da aurora mística de excelsa e efervescente luminosidade, nun hálito espontáneo logra alumear a señardade de pretéritos tempos, intres de protagonismo para que a inocencia inmadura reclame brincar coa imaxinación e creatividade dunha crianza soñadora.

Dende o apousento nocturno, no leito sobre un colchón de carochas murmuradoras e queixosas de calquera movemento, o sono como necesario compañeiro de fátigas deses soños de crianza. Aí mesmo, toda a comitiva do cume sacro posuía a súa feiticeira morada.

Árbores encantadas, bolboretas danzantes, trasgos inquedos, mouras de sofisticado embruxo…

No entanto, nese idílico benestar, sempre a presenza dun abrollar de fresca pureza.

Presenza constante na admiración dese cadro secular do que emerxe a visión cristaíña e cantareira, auga nativa do alto sacro, escoitar e ollar ese picho manando sen esmorecemento anual. Líquido imperturbable caendo na pía pétrea que recolle este maná acuoso, para axiña agarimar co seu alento no xardín colectivo que rodea a esta fonte emblemática, senlleira e patrimonio en exclusividade do pobo.

Adormeces e espertas, entrementres o sonámbulo percorre carreiros e corredoiras, todos estes vieiros con destino no picho dunha real fonte.

No BOP do mércores 13 de xaneiro, o servizo territorial de augas de Galicia, expón a información pública o seguinte anuncio:

O Concello de Boqueixón solicita de Augas de Galicia a autorización das obras de recuperación da antiga Fonte do Santo, no lugar do Pico Sacro, na parroquia de Lestedo.

Despois de varias décadas de inxustificada catividade acuosa, benvida dende a camposa sedenta a tan afamado elixir, no lugar as tollemerendas ilusionadas preparan unha grande esmorga para celebrar tan desexado e agardado renacer.

Un comentario en “A “Real” fonte

  1. Thomas Mann, alcanzó la cumbre en “La montaña mágica”, tú, querido Lobato, alcanzas siempre “o cume” de tu Pico Sacro con esa prosa precisa y preciosa que manejas. La palabra va contigo y aleccionas con ese verbo cultivado a quien te lee. Posees la perfección de la belleza de los poetas. Si pudiera leerte Sócrates…
    Tú le debes al Pico Sacro esa espléndida prosa que te inspira, pero el Pico Sacro también te debe mucho a ti.
    Volveré a releerlo escuchando tu voz.
    Unha forte aperta palmeirana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *