Outra volta ao Hamlet

O Andel. A_vinganza_de_Fortimbras. imaxeRomán Arén. Francisco A. Vidal é coñecido, sobre todo, como narrador, xornalista e etnógrafo, mais tamén cultiva o teatro, xénero no que publicou A serea (2006). Vén agora de gañar o III Premio Laudamuco, con A vinganza do señor Fortimbrás, e une o seu nome a Xavier Lama e Raúl Dans, anteriores ganadores. A partir dunha lenda nórdica, Vidal dálle unha reviravolta a un mito, Hamlet, é dicir, a Shakespeare e ao noso Cunqueiro. O xurado sinalou que a relectura de Vidal dá o protagonismo aos personaxes secundarios, o que enriquece a lenda. Vinganza, sexo e poder son as forzas principais da acción. A trama amosa un Elsinor que vai camiño da destrución do reino e que esa caída non vén polas armas senón polas artimañas que empregan o medo, as supersticións, as crenzas e a ambición para asúa traición. A obra, moi orixinal, está estruturada en dúas partes e nove escenas. Os culpables pasarán desapercibidos para a Historia, e amosan que “unha palabra pode cambiar o destino de todo un país”. Do mito á historia.

Un comentario en “Outra volta ao Hamlet

  1. Moitas grazas, Suso. Si me quixeras avisar cando sexa a presentación, estaría moi agradecida.
    Foi un pracer toparme contigo o outro día, e máis aínda sendo portador de tan pedagóxico presente como foi o libro de Antón, que enseguida lle tocará quenda para estar na miña mesiña de noite.
    Grazas novamente e un cariñoso saúdo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *