Conversas de escaparate. Doce cuncas un ferrado

1FIDELFidel Vidal. -Non me veñas con novelos nin novelas.

-A cousa vai de cuncas e ferrados.

-Créalo ou non o meu modelo era topógrafo e diso algo recibín.

-Pois o molde do meu debeu ser dun irmán xemelgo.

-Recibiches o saber e as leiras.

-Unha boa herdanza.

-Só unha leira, unha boa terra pero mellor solar.

-Quer dicir que nos vas deixar para gozar da terra.

-Da terra vas gozar ti o día do enterro.

-A completa felicidade.

-Unha sorte para volos dous. Formades unha magnífica parella.

-Eu preferiría seguir como trío.

-Falou a perversa.

-Estou de leria.

-Falando de leria e de leiras, de cantos ferrados é a túa?

-Tres ferrados e dúas cuncas.

-Que son en metros cadrados…

-No meu caso uns mil cincocentos aproximadamente.

-Como que no teu caso?

-Se fose noutra bisbarra sería menos da metade.

-E pola banda de Ourense igual duplicaría.

-Estes galegos…

2FIDEL-Nin que ti foses de Muros.

-Un ferrado pode sumar cen metros cadrados nun lado e noutro pasar dos seiscentos.

-A túa herdanza, cantas cuncas veñen ser?

-Se doce cuncas fan un ferrado… fai ti as contas.

2 comentarios en “Conversas de escaparate. Doce cuncas un ferrado

  1. Ai que risa !!
    Doce cuncas un ferrado, e vinte reales era un peso.

    Había aquí un home (que na gloria estea) que tiña a manía de coleccionar hectáreas, e un día díxolle un veciño que como os anos non pasaban en balde, e el non tiña necesidade de tanta terra, por qué non lle daba a décima parte do terreo, que así quedarían ben os dous. O vello miróuno e díxolle: “Unha décima, e logo ti non sabes que a decima tiña Moisés na táboa, e era … Non codiciarás os bens axenos?

    O veciño quería un REGALO pero o vello supoo GOLEAR.

    Moi simpática a entrada, querido Fidel. Non te esquezas nunca da xente dos escaparates.

    Moitos castos biquiños da Castro do Brañal.

    1. Xa ves, uns coleccionan sellos e outros hectáreas. Estivo ben mentarlle a Moisés cargado coas súas táboas ao lombo.
      Grazas polos ánimos de escaparate. E biquiños CASTOS de COSTAS.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *