Todo lo que se llevó el diablo, de Javier Pérez Andújar

todo lo que se llevó el diabloXerardo AgraFoxo. Esta novela está ambientada na época da Segunda República, cando o goberno   decidiu crear as Misións Pedagóxicas, integradas por numerosos voluntarios, sobre todo mestres, que se espallaron polos lugares máis recónditos da xeografía española cos seus libros, mapas e láminas das principais obras do Museo do Prado para combater o retraso cultural existente. Por tal motivo, circulan polas súas páxinas Federico García Lorca, Alonso Zamora Vicente e a curiosa parella formada por Rafael Dieste e dona Carme Muñoz Manzano, por certo, a primeira inspectora que tivo o autor desta recensión.

A obra comeza cos preparativos da viaxe, pero o escenario principal da acción é a serra da Culebra, una comarca ruda e miserenta, situada entre Zamora e Portugal, a onde chegan nun camión desgonzado os mestres desprazados e outros personaxes que colaborarán con eles para loitaren contra o “analfabetismo” imperante. Entre todos xorde a figura de Velasco Laínez, un rapaz orfo, descendente de lobeiros, que busca por aquela espida paisaxe o seu único familiar vivo, un tal Orfilio, un home de malas artes e carácter adusto.

JAVIER-PÉREZ-ANDÚJAR21A través da esforzada tarefa destes voluntarios, que se afanan en restaurar a escola, montar pequenas pezas teatrais e proxectar curtametraxes sobre os muros dunha vella igrexa,  Todo lo que se llevó el diablo semella unha oportunidade magnífica para comprender a realidade daquela entusiasta e amarga aventura ideada por Manuel Azaña. Unha aposta cultural que adquire  nestas páxinas unha dimensión real  cando escoitamos a diverxencia de opinións e a riqueza verbal dos seus personaxes: mestres, labregos e lobeiros. Moi interesante!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *