Todos os nomes. Identidade, pobo, país

O Andel. Todos_os_nomesRomán Arén. O día 11 de decembro de 2021 ingresaba como numeraria Anabel Boullón na Real Academia Galega na Pobra do Caramiñal, a súa vila natal, e lugar da más dura, agresiva e duradeira polémica toponímica de Galicia. O Partido Popular defendeu con agresividade a forma castrapizante Puebla del Caramiñal, mentres que o BNG defendeu a forma Póvoa, ignorando con suficiencia a documentación medieval. O Tripartito actuou con covardía e deixou soa a A. C. A Miserela na defensa do verdadeiro topónimo Pobra. A ironía chega cando Fraga Iribarne oficializa o topónimo e o PP da Pobra, no poder, esquece a súa anterior postura na oposición, para abraio dos seus votantes. Agora, de novo na oposición, parecen volver ás vellas posicións. Ana Boullón participou na polémica e, en 1991, publica “Ó redor do topónimo Pobra: estado da cuestión e novos datos” e “A Pobra do Caramiñal: perspectiva lingüística”, feito e publicación que teñen presenza no acto académico. Pero o discurso é moito máis ca iso, é un “manual rigoroso e didáctico”, en palabras do seu compañeiro de corporación, Xesús Alonso Montero. Os nomes son máis que iso, teñen alma, fundamentan a identidade. Ao discurso de Ana Boullón deulle resposta outro filólogo, Ramón Lorenzo, mestre da nova académica, quen enumerou o seu gran currículo, e non só no campo da onomástica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *