A filla de Tosltói

5033279136_0bdf0d84ed_zXerardo AgraFoxo. Preto da Porta de San Paolo e a carón da Pirámide de Caio Cestio, atópase, entre alciprestes estilizados e outras árbores centenarias, o Cemitero Acattólico.  Despois de trescentos anos de soterramentos nel descansan, amáis de Alberto Camilleri, Antonio Gramsci e Darío Bellezza, os poetas John Keats e Percy B. Shelley. O primeiro morreu en Roma, logo de deixar na súa terra a súa amada Fanny Brawne, para curar unha tuberculose imposíbel. Tiña 25 anos. Na súa lauda pode leerse o inmortal epitafio: “Aquí xace un home cuxo nome escribiuse na agua”. Shelley morreu un ano despois, cando naufragou o seu veleiro Ariel fronte ás costas de Liguria. Aínda non cumprira os 30. Din que as súas cinzas descansan aquí, pero o seu corazón, envolto entre as páxinas do “Adonais”,  viaxaría durante un tempo na maleta da nai de Frankenstein. Malia estas referencias poéticas, algúns visitantes andamos detrás da campa de Tatiana Tolstoiana, a filla predilecta do autor de “Ana Karenina”. Ela morreu nesta cidade despois de escribir “Sobre mi padre”, un fermoso libro que nos leva até os derradeiros e atribulados días da vida de seus pais na finca de Yasnaia Poliana, cando o vello León trataba de deixarlle os seus dereitos de autor aos pobres. Outro comunista!

3 comentarios en “A filla de Tosltói

  1. Disculpa, non sei o motivo, pero a máquina comeu un “coma irmán dos cans” e tamén: no longo poema “As cinzas de G.” PPP di.

  2. Boa tarde, amigo Agrafoxo. Na cidade que ti visitas agora vivían moitos outros comunistas. Ademais das cinzas de Gramsci, están as pegadas de Pasolini percorrrendo os arrabaldes ou os “campos de concentración” que se levantaron co fenómeno económico intaliano da postguerra, cementerios para pobres despreciables vagabundos e demais morralla. Pero tamén a memoria de Elsa Morante e Alberto Moravia. Fai moito anos que visitei Roma. Resiste nos barrios a cultura popular da que falaba Pasolini? É aínda interesante perderse nos intersticios da cidade Eterna, coma un , e cantala e contala coma unha digna odisea? No longo poema PPP di: . Boa viaxe!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>