Los desorientados, de Amin Maalouf

Los desorientadosInés Otero. O pai desta curiosa novela é un dos escritores máis lidos e galardoados da literatura actual. Amin Maalouf recibiu o Premio Príncipe de Asturias no 2010 e ao ano seguinte entrou no selecto grupo da Academia Francesa. Entre as súas obras máis recoñecidas destaca con voz propia León O Africano (1986), Samarkanda (1988), A rocha de Tanios (Premio Goncourt, 1993) e Os xardíns da luz (1991 ). Tamén é autor do célebre ensaio As cruzadas vistas polos árabes (1983). Un caudal de fermosas e atraentes páxinas que xiran todas ao redor dun mesmo eixo temático: Oriente Vs. Occidente.

A historia que o autor libanés –Beirut, 1949– nos conta aquí ten como protagonista a Adam, un profesor árabe de Historia que, despois de residir máis de vinte e cinco anos en París, recibe dende a súa terra natal unha estraña chamada telefónica. Entón decide abandonar o exilio para enfrontarse coas fantasmas dun pasado nunca asumido dende que a guerra estalara con toda brutalidade na súa vida.

los desorientados aminO argumento cóntase con dúas voces: un narrador omnisciente e os emotivos apuntes do protagonista, Adam, que nos revela –cun estilo elegante– a historia dos seus amigos e a súa propia vida. Deste modo, Los desorientados convértese nunha novela intimista, onde as mellores páxinas se corresponden coas ideas que o autor libanés realiza sobre o amor, a paixón, a amizade a relixión e a vida.

A lectura resulta doada, as reflexións sobre os traumas que  provocan os conflitos armados semellan sinceras, pero apenas sucede nada que altere a trama exposta dende os primeiros capítulos.  E, talvez, para algúns lectores que buscan impresións fortes, resulte algo frustrante despois de 500 páxinas de lectura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *