Unha guía cultural

guia persoeirosRomán Arén. Entre a oferta de guías que promoven a nosa bisbarra, non contabamos até agora cunha obra destas características que dese visibilidade aos nosos creadores dun xeito sintético e de doada lectura. É certo que o autor, Xoán Pastor, ofrecera xa ao público en 1999 o volume Escritores da Barbanza, estudo pioneiro de conxunto da literatura producida na nosa comarca, que logo complementou co Diccionario de Escritores Ribeirenses en 2002. Pero esta é unha obra diferente, pois non inclúe os creadores da ría de Muros-Noia e non se limita a escritores, xa que tamén ten en conta cultivadores doutras artes e algúns personaxes históricos. Guía que cumpre ben o seu papel divulgativo, actualizada e breve, para consumo de galegos que nos visiten ou dos habitantes da Arousa.

Foto: El correo gallego
Foto: El correo gallego

Pensarán algúns que contén demasiados datos e outros apoñeranlle a falla dalgúns nomes, pero é o resumo máis completo e útil que temos, acompañado dunha breve bibliografía para complementar os datos, onde conviven obras científicas con obras divulgativas, normal neste tipo de guías.

Penso que terá un longo percorrido se se vai actualizando e puíndo, e mesmo sería desexable unha tradución ao castelán e ao inglés.

As ilustracións de Simón Balvís combinan a xeografía coas facianas dos persoeiros, nun formato de peto moi manexable.

«Guía persoeiros da Cultura. Arousa Norte»

Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. Mancomunidade Arousa Norte (2014). 95 páxinas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *