Escribir na multitude, de Martín Veiga

martin veigaXerardo AgraFoxo. Martín Veiga (Noia, 1970) é un profesor do departamento de Estudos Hispánicos, Portugueses e Latinoamericanos da University College Cork. Como poeta publicou as obras Tempo van de porcelana (1990), As últimas ruínas ( (1994), Ollos de ámbar (2005) e Fundaxes ( 2006). Escribir na multitude (2014) ten a súa orixe na investigación que desenvolveu  o autor en Cork –onde dirixe o Centro Irlandés de Estudos Galegos –para escribir a súa tese de doutoramento sobre Avilés de Taramancos.

A obra divídese en seis partes. Na primeira –Biografías e contextos– ofrece un perfil biobibliográfico do poeta, salienta a súa adscrición xeracional, o seu ámbito xeográfico e social, e ofrece unha análise sobre a literatura galega durante o franquismo. Na segunda parte –Ciclos poéticos e trazos de estilo– enumera as diferentes etapas do seu estilo. En Dimensións metapoéticas destaca como na súa obra poética tivo un papel esencial a dicotomía luz/escuridade, dous aspectos vinculados coa biografía do autor. Na cuarta parte –Ronsel intertextual– conta que obras e estilos interiorizou Avilés para construír os seus poemas. En Relacións interdiscursivas relata como determinados códigos culturais, traídos dos mitos gregos ou da lírica medieval, influíron na súa obra. martin veiga 2Por último, no capítulo titulado Nocións de identidade, explica como a obra poética de Avilés estivo relacionada coa identificación do lugar e o seu fundamento ideolóxico.

Escribir na multitude  –404 páxinas, coidadosamente editadas por Toxosoutos– remata cunha breve Conclusión, unha ampla Bibliografía e un Índice Analítico. Tal como se di na contraportada, “esta obra é unha viaxe apaixonante polas cimas dunha obra ricaz, profunda e luminosa”. O  libro  está dedicado á memoria de seu pai, Primo Veiga Sedofeito, un excelente profesor e persoa admirable.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *