De seda e ouro

el libro de jadeRomán Arén. Con estas palabras definía Anatole France un libro de Judith Gautier, asinado como Judith Walter. O libro de Xade, publicado en 1867 e que agora recupera a editorial Ardicia (Madrid, 2013) co verdadeiro nome da autora, acompañado dunha semblanza de Remy de Goncourt, con Marcel Schwob, un dos grandes do simbolismo francés. Jesús Ferrero asina o posfacio. Non é un libro calquera, é a primeira tradución importante de poesía chinesa ao francés. Foi clave no influxo do Oriente en impresionistas e simbolistas. Tradución en prosa (como Manuel Machado faría con Verlaine), nunha prosa poética que capta perfectamente o espírito dunha cultural sutil e milenaria. Non é unha tradución literal, pero tampouco libre. Unha adaptación? Tampouco. Unha magnífica simbiose entre a cultura de partida e a cultura de chegada. O libro de Xade está organizado tematicamente: os namorados, a lúa, o outono, os viaxeiros, o viño, a guerra e os poetas. O reino da suxestión preservado. Aínda do francés ao castelán, mantén a fermosura mercé á tradución de Julián Gea. En España non haberá un libro deste influxo ata a antoloxía de Marcela de Juan (en galego, pero para a poesía xaponesa, cumpre este papel Consuelo García Devesa).

Judith_Gautier_circa_1880E quen foi Judith Gautier? Filla do pai do Parnaso, Théophile Gautier, naceu en 1845 e estivo casada con Catulle Mendès, amante de Victor Hugo e de Richard Wagner, amiga de Baudelaire e Flaubert, de Mallarmé e Sargent. Fixo tamén unha gran tradución de poesía xaponesa (Os poemas da libélula), un ensaio sobre Wagner, ensaios, pezas teatrais e magníficas novelas “exotistas” na liña de Pierre Loti, entre as que destacan O dragón imperial (1869), A irmá do sol (1887), Iskender, historia persa (1886), O vello da montaña (1893), Flores de Oriente (1893)… Morreu en 1917. Foi a primeira muller en entrar na Academia Goncourt. Victor Hugo dedicoulle un soneto memorable: A morte e a beleza son dúas cousas profundas / cheas de tanta sombra e azar que sería / dúas irmás, terribles e fecundas / co mesmo enigma e o mesmo segredo.

Judith Gautier falaba de poesía oriental de primeira man, pois aprendera xa chinés na infancia cun inmigrante que seu pai tiña acollido na súa casa. Logrou un fermoso libro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *