Pro Modiano. Unha emotividade distante

Villa-TristeRomán Arén. A concesión do Nobel de Literatura 2014 quizais conceda máis lectores a Modiano en España e en Galicia, porque malia a súa calidade raros son os seus libros que alcanzan varias edicións. Non é seguro que sexa superior a Michon ou Le Clézio, pero poucos autores sinto eu máis próximos ca el. O título desta recomendación tómoo do crítico Claude Casteran porque penso que se aproxima bastante ao espírito de Modiano, tan próximo e tan lonxe. Perviven nel aínda un amor polas enumeracións e polas cousas que quizais aínda proveña do Nouveau Roman. Son más seguras as cousas que as persoas. Pero permanecen o soño e o tremor.

Atribúen algúns este mundo de Modiano á súa biografía, tan ben contada a medias en Pedigrí, que ten un a tentación de converter na chave da súa obra. Unha obra coherente, na que cada novela é un elo da mesma cadea. calle-de-las-tiendas-oscurasUnha obra que partiu do terreo pútrido da Ocupación e da Guerra de Alxeria para chegar á inanidade actual. Unha elexía do perdido, mais tamén do inseguro, do baleiro. De O lugar da estrela a Vila Triste, ata chegar a unha obra mestra como Rúa das tendas escuras.

Un territorio hipnótico como non lembro dende El astillero de Onetti. Un París real, pero soñado, perdido e recuperado. O peso da memoria, a identidade esvaída e buscada.

Deberiamos ler os libros por familias. Ninguén máis francés que Modiano, fillo de flamenca e xudeu. Pero na mesma familia que Vila-Matas e José C. Llop, por exemplo.

modianoLeo de novo Vila Triste (Alfagura, Trad. De Mª Teresa Gallego Urrutia), novela de 1975, que se reedita agora en 2014. Pracer da gran literatura. O narrador de identidade ficticia, a vida de provincia, a falsidade das aparencias. Un personaxe xenial, René Meinthe, ben próximo ao médico d’O bosque da noite, analepses e prolepses, e todo nun estilo inconfundible que soporta o cambio de lingua. Elexía e crónica, oda ao perdido e oblicuidade do presente. Unha voz inconfundible, unha música de lonxe, que trema e obriga.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *