A poesía de Gertrud Kolmar

mundosElisa Lobeira. Unha das pequenas xoias de El Acantilado é Mundos (1999), de Gertrud Kolmar, xudía 1894-?), curmá de Walter Benjamin, filla dun avogado xudeu xentilizado. Non quixo fuxir dos nazis, ficou en Berlín con seu pai, e en 1943 foi deportada a Auschwitz, onde quizais morreu, ou quizais no transporte ao leste. Este libriño foi escrito en 1937 e amosa a fase máis depurada da súa poesía. Non tivo boa sorte esta tradución de Berta Vías, pero merecía ter sido máis lida. Para os alemáns forma parte da mellor tradición da poesía feminina escrita por xudías (Elsa Lasker-Schüler, Nelly Sachs). A obra publicouse en 1947 grazas ao interese do seu cuñado Peter Wenzel. Foi traducida ao francés en 2001 e non estaría de máis pór algúns dos poemas en galego.

Comezou a publicar (era tamén narradora e ensaísta) porque seu pai levou uns textos á imprenta e así apareceu Poemas en 1917. En 1934 saíu o segundo poemario, Escudos prusianos. Sempre fóra das relacións literarias, deu clases particulares, pois sabía inglés e francés á perfección e coñecía ben o español, o checo e o flamenco, mais tamén comezou o estudo do hebreo. kolmarTiña un poderoso mundo interior, a súa poesía é ás veces de grande carga simbólica pero de non fácil interpretación.

Ás que teñen interese pola súa vida, Berta Vías conta que, namorada dun oficial, abortou e pouco despois tivo unha crise e tentou suicidarse. Fracasada tamén a súa relación co poeta Karl Keller, que durou de 1934 a 1937, co medo del a que soubesen que trataba a unha xudía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *