Estomatóloga

estomatologo 1Xerardo AgraFoxo. Despois de camiñar cinco horas pola selva tropical, unha treboada ameaza polas abas da montaña. Un alpendre, talvez para coidar os animais, serve como ocasional refuxio. Cando se traspasa o limiar, descóbrese o inesperado: un raquítico televisor, situado encol dunha cadeira, transmite un “culebrón” brasileiro. Enfronte, noutra cadeira, atópase unha moza atenta á pantalla. O recibidor non ten outros mobles, nin cadros que o adobíen. Nos muros ábrense varios cuartos, ocultos por uns trapos brancos que caen como cortinas. O chan é de cemento, o teito de follas de millo prensadas.  A sensación de desacougo resulta inevitable. É a  morada dun “guajiro”.

Cando escampa, a rapaza entra na “guagua” dos turistas. Sitúase na parte de atrás, sen abrir a boca, non quere molestar. Leva unha carteira que arromba enriba dos xeonllos. estomatologo 2Seguramente vai á cidade máis próxima para traballar. Talvez como varredora polas rúas ou de fregona nun hotel para viaxeiros solitarios. A estrada desapareceu hai moitos anos. Para vencer a súa timidez, as primeiras preguntas –en voz baixa– son obrigadas. Ninguén escoita a conversa. Todos van fedellando nos móbiles.

 Como te chamas? “Dayanara”.  E onde traballas?  “Eu, estudo”. Perdón? “Si. Vou á universidade”. Como dis? “Curso terceiro de estomatoloxía”. Onde? “ Na facultade de B.”.

É o país dos médicos, moitos alúganse por petróleo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *