O Kafka de 1913

fogoneroMiguel Mariño. Ten a editorial Nórdica, que tantos autores escandinavos de calidade tira do prelo, unha colección de clásicos ilustrados, de Fitzgerald a Poe, que inclúe O fogueiro, o pequeno libro que Kafka, que mandou destruír os seus manuscritos, editou voluntariamente en 1913 e que non está nos dous volumes que Galaxia editou en galego cos contos do autor de Praga. Trátase dunha parábola que ia ser o primeiro capítulo da novela inacabada O desaparecido. Parábola que a maioría dos críticos “len” como anticipo do Kafka posterior, aquel que amosa, cun humor angustiado, o ser humano en mans dun destino que non controla.

Un mozo enviado a América polos pais tras ter un fillo cunha criada, vaise converter no defensor dun fogueiro tratado inxustamente, ao chegar a Nova York. A viaxe cara ás estruturas de poder ten para a maioría dos intérpretes un final “feliz”. Hanna Arendt dicía que os protagonistas de Kafka non son verdadeiras persoas (ideas? pois) e por iso precisamente recibimos a súa chamada.

Kafka-froniusPero, nos humoristas sempre hai un pero ou dous, o final da fábula é máis ambiguo do que parece. O mozo Robmann atopa no barco a seu tío, senador, e marcha con el tras a defensa do fogueiro. Non sabemos que será del e o mozo emigrante “empezou a dubidar que aquel home (seu tío) puidese substituír ao fogueiro algunha vez”. A felicidade, o éxito, apártannos da defensa da verdade? Só queda a nostalxia do ben intentado?

Kafka vai ilustrado por Max, un debuxante catalán moi coñecido polo seu cómic “Bardín el Superrealista” e polas súas colaboracións en El País.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *