O Paquete

IMG_5990Xerardo AgraFoxo. Algúns ven os partidos da NBA. Outros divírtense coas comedias americanas ou cos partidos de fútbol europeos. Moitas mozas seguen os argumentos das series españolas. Os máis comprometidos coa política prestan atención aos debates nos países veciños. Tamén están os que seguen cada capítulo de Xogo de tronos. E os cinéfilos que gozan coas películas máis interesantes. Como se produce este milagre? Como é posible este comercio? Unha cadea de favores espállase por toda a illa da maneira máis natural. Dende a capital saen persoas que levan o produto solicitado. IMG_5747Acubilladas nos teitos da gran urbe instalaron parabólicas, e gravan durante as vinte e catro horas os programas estranxeiros. Son sistemas tan sofisticados que nin os radares son quen de detectalas. Moitos policías son clientes deste consumo na sombra.

Canto custa subscribirse ao paquete?  “Con 5 dólares mensuais pode conseguir o que queira”. Tamén os crípticos programas da televisión de Miami? A ollada contesta o que os beizos non se atreven a confesar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *