Memoria con arrecendo a tulipáns

hollandEncarna Pego. Conservo a postal coa bitola -ao levantala recendía a flores-, algunha carta, e o olor a winston cando viñas. Con vinte e poucos anos saíches a comer o mundo coa maleta chea de ilusións cara a Rotterdam. Aquí deixabas muller e fillos, e o oficio que non aseguraba unha casa, nin o futuro que querías para os teus. A máis forte labazada: a volta ao lar logo dun ano, e as fillas non te coñecen. Aprendiches algo de inglés, e holandés. En Dakar e Freetown libraches das enfermidades. Levaches carga xeral a Centroamérica, e na Arxentina gozaches da tenreira asada, ao punto e abondosa. E padeciches a calor do Pérsico nos petroleiros.

Por ti coñecemos o xogo das esclusas do Canal de Panamá -cando pasabas rumbo ás Filipinas-, e soubemos do enorme transatlántico turístico, con ruta regular Amsterdam-Irlanda-N. York, que no inverno facía cruceiro polo Caribe, e visita ao casino en Fort-de-France.

A obsesión era ter boas novas da casa e que os fillos adiantasen na escola. Da memoria non che saía túa nai adolescente picando pedra nas estradas, ou camiñando ata Santa Comba á procura do millo de estraperlo. Túas cuñadas na conserva. Non, non querías esa vida para as fillas. Así, pintabas subido aos paus ou, colgado na guindola, os costados do barco.

Espero que vexas compensado o esforzo, e que goces agora dos netos e bisnetos.

Esta entrada foi publicada en Encarna Pego, Narrativa e etiquetada . Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Memoria con arrecendo a tulipáns

  1. Naty di:

    Esa era la vida del navegante Encarna: Todos emigraban con un fin: procurar una vida mejor para los suyos a costa de una separación obligada, precisamente por ayudar a sus familias. Muchos lo conseguían, pero renunciando a tanto…!!! Todavía recuerdo un caso, entre otros muchos, cuando el marido- en uno de sus esporádicos viajes a casa-, le pidió a su mujer le enseñara la libreta de ahorros. El pobre hombre después de mirar la susodicha libreta y a punto de darle un patatús, le preguntó a su señora: ¿onde está o diñeiro que gañei en tantos anos…? Ela, sin dubida respondeu, que o diñeiro estaba na cañeira. Al parecer era una casa que se comía y vestía bien. Y ya por hoy termino. Me gustan tus artículos Encarna.

    1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>