Galicia e os galegos na poesía castelá XIII. Campoamor

DOLORASRomán Arén. Se aos críticos e lectores avisados na España de 1860, 1870, 1880 e 1890 se lles pedise que citasen tres poetas, un, sen dúbida, sería Campoamor (outro Núñez de Arce), e entre eses críticos estarían Emilia Pardo Bazán e Clarín. Cando aparecen os simbolistas reaccionan contra a poética campoamoriana, pero Rubén Darío mantívolle sempre aprecio. Foi o poeta máis popular, con Bécquer, ata os anos 60 e aínda conserva lectores despois, pero a crítica foille adversa, coas excepcións de Dámaso Alonso, Rivas Cherif, Vicente Gaos, González Blanco e Zurita. Hoxe, é Jorge Urrutia o que mellor explica a súa obra. Se D. Alonso escribía en 1952 que “no estamos aún preparados para hacer justicia a Campoamor”, hai que cre que aínda está por chegar ese intre. Ramón de Campoamor y Camposorio era un asturiano nacido en 1817, pero que estudou filosofía en Compostela entre 1832 e 1834. Ocupou a escena como poeta entre 1837 e 1901, ano no que faleceu, pero foi tamén dramaturgo, narrador, ensaísta e pensador (ecléctico, contraditorio e escéptico). Conservador en política, partdiario da liberdade de imprensa, non era un reaccionario, senón un descrido moderado. O autor das Doloras, que empezou a publicar en volume dende 1845, dos Pequenos poemas e das Humoradas cultivou unha poesía prosaica, de ideas, que aclimatou en España un xénero lonxe do ouropel romántico, que fai cotián o xénero amplificado dos románticos, estética na que comezara con Poesías (1840) que logo remodelou en Ternezas y flores. Foi autor tamén de poemas narrativos, pouco lidos hoxe, como Colón (1853), El drama universal (1860) ou El Licenciado Torralba (1892) e moi popular polas Fábulas (1842) E El tren expreso (1886).

Membro da Real Academia Española dende 1861, deputado, senador e conselleiro de Estado, foi fiel sempre a Isabel II.

humoradasPero, alén diso, non pode ser ignorado no estudo da poesía galega xa que é un dos influxos de Rosalía, e non só da primeira Rosalía, pois xa Carballo Calero e Gamallo Fierros sinalaron que o tema do “cravo” na autora de Follas Novas ten o antecedente na “dolora” de Campoamor “Sufrir es vivir”, onde é evidente a nostalxia pola pena arrincada do corazón, tema que logo pasará a Machado.

Foi, Campoamor, autor dunha importante Poética (1883), ben estudada por V. Gaos que ve nel un antecedente de Eliot, nada menos.

Na súa ampla obra poética hai un poema titulado “La aldeana gallega”, probablemente orixinado na súa estadía en Galicia. Foi moi popular, en en 1913 aínda o reproduciu o xornal rianxeiro <El Barbero Municipal>:

Alegre la mañana y placentera/y la aurora risueña/caminaba cantando por la peña/una alegre aldeana hacia la era/con su cara de grana/En la fresca mañana/Al comenzar la tibia Primavera./En sus ojos la luz se reflejaba/camina contemplando,/A la par que de alegre va saltando,/El paisaje que al pie se dibujaba/En el prado lozano/Hacia el monte cercano/En el pálido cielo que miraba./A los pies de la peña va corriendo/El agua de la fuente,/Y ante el dulce murmullo que se siente/La aldeana, contenta, sonriendo/A la fuente miraba/Su imagen dibujada/En el agua que clara va saliendo./El silencio reinaba continuado/En el campo florido;/Va cruzando el espacio; ni un ruido,/En el medio del valle y hacia el prado/Solo un carro se oía/que a la peña venía/Y pasaba el arroyo por un vado./Y ligera y gozosa proseguía/La aldeana el camino,/Y pasando debajo de algún pino/Escuchando canciones que ella oía/A lo lejos miraba,/Con placer escuchaba,/y siguiendo el camino sonreía./Ya divisa la casa entre el castaño/Y a los pies el ganado;/Una vaca tendida en el cercado,/Y en un campo muy cerca del rebaño/La aldeana gallega/Miraba como juega/El agua que saltaba desde un caño./Una voz armoniosa que cantaba/A la alegre dulzaina acompañando,/cuyos ecos el viento va llevando/y suena la alborada…

Visión, pois, de Galicia como “locus amenus”, presenza de moitos dos elementos enxebres que  tamén terá a nosa poesía ruralista: piñeiro, castaño, alborada, carro, eira. Esta visión positiva nun non galego contrasta cos tópicos negativos que outros escritores españois teñen de Galicia (Larra, Mesonero Romanos).

Sabemos que Campoamor tratou a Murguía por unha breve misiva que lle envía, pero nela non fai xuízo da poesía de Rosalía, aínda que ese sexa o motivo da carta.

Polo demais, Campoamor foi traducido, can do menos, cinco veces, a primeira en 1876 en <O tío Marcos d’a Portela>, o famoso poema “O gaiteiro de Xixón”, tradución que xa aparecera na revista <Resurrección de Galicia> e que hai que atribuír a Lamas Carvajal. A mesma poesía foi traducida por Xesús Rodríguez López (1859-1917) en 1894 para <El Regional> de Lugo. E outra vez máis por Alfredo García Ramos (1877-1934) para <El Compostelano> en 1930. García Ramos, natural de Vila de Cruces e deputado, traduciu tamén a famosa “dolora” “Sofrir e vivir” (<El Compostelano, 1930>) e “Doora”, no mesmo xornal e ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *