O cuarto de invitados, de Helen Garner

o cuartoXerardo AgraFoxo. Nicola, una muller australiana que sofre un cancro terminal, viaxa ata Melbourne para recibir nunha clínica de medicina alternativa un tratamento para superar a súa grave doenza. Instálase na casa da súa amiga Helen, unha escritora que lle prepara na súa casa un “cuarto” para atendela durante tres semanas. A partir desta arrepiante circunstancia, que semella a crónica dunha experiencia persoal, coñecemos a personalidade de dúas mulleres ben diferentes: Nicola é vital, optimista, independente, partidaria da medicina natural e algo egocéntrica. Hel semella máis madura e pragmática, e cunha ollada receosa sobre os métodos de curación milagreiros. Despois dun longo distanciamento, as dúas atopáranse ante un problema que deben afrontar coa maior dignidade. As reiteradas visitas ao Instituto Theodore e a convivencia diaria serán o punto de inflexión deste sinxelo nobelo argumental.

helen-garner4A historia contada por Helen Garner (Australia, 1942) n’O cuarto dos invitados –traducida para Rionoceronte Editora por Moisés Barcia,) desenvólvese cunhas precisas descricións e uns breves diálogos, cunha clara exposición dos acontecementos e un desenlace nada efectista ou traumático, sen valerse de sentimentalismos, nin escenas morbosas. A partir dun asunto espiñento –o cancro– a autora trata outros temas de interese: o individuo ante a morte, o sentido da vulnerabilidade, a capacidade de sacrificio do ser humano e a evolución da personalidade ante os embates da vida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *