No, de Pablo Larraín

noXerardo AgraFoxo. Esta película está baseada nun feito histórico: no ano 1988 o xeneral Augusto Pinochet, obrigado polos organismos internacionais, convocou un referendo coa intención de continuar no poder nove anos máis. Durante a campaña plebiscitaria, as dúas posturas gozaron de quince minutos nos informativos nacionais. A película parte dunha obra de teatro inédita, El plebiscito, orixe da posterior novela  Los días del arco iris (2011), escrita por Antonio Skármeta, o autor de El cartero de Neruda. E conta co mexicano Gael García Bernal ( Diarios de motocicleta), que interpreta a René Saavedra, o publicista que ideou a campaña, para desenvolver este argumento centrado naquel cinco de outubro de 1988, comezo da caída da ominosa ditadura. O director, Pablo Larraín, que culminaba con esta obra unha triloxía (Tony Manero, 2008, e Post Mortem, 2010), sobre o terror no Chile de Pinochet, achégase con realismo á década dos anos 80, tinxindo as escenas cunhas cores semellantes ás que se empregaban nos documentais daquela época.

no-pablo-larrainNunca imaxinara o ditador que aquela mínima franxa publicitaria, ideada con astucia e cinguida de dificultades, por culpa das ameazas recibidas, sería a súa “sentenza de morte”. No plebiscito venceu a oposición: o obtivo o 43,01 % e o No, o 54,71 %.[] O filme estreouse no Festival de Cannes 2012 e foi nomeada aos Premios Óscar.

Imprescindible!

Por certo, Pablo Larraín –que gañou este ano o Gran Premio do Xurado do Festival de Berlín por El Club, unha dura denuncia da pederastia sacerdotal– é fillo dun senador da ultradereita chilena.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *