Camino de perdición, de Luis Mateo Díez

caminoInés Otero. Sebastián Odollo, un viaxante de comercio, recibe de seu xefe, don Birlo, o encargo de cambiar a súa ruta de traballo, para realizar unha “ingrata  encomienda”: indagar  o paradoiro de Emilio Curto, un compañeiro de profesión que “anda extraviado pola Campiña”. Para tal cometido, que non garda relación con outras viaxes anteriores, a empresa déixalle un vello Ford, a Oruga, que se converte no destinatario das súas teimas e reflexións: “Te voy a dar un voto de confianza. Y para demostrártelo voy a confesarte algo”. O periplo realízase por unhas terras que polos seus nomes –Val de Gusán, Sermil Bardón ou Viñuela– semellan claros referentes das terras leonesas onde é orixinario o autor (Villablino, 1942). Deste xeito, a viaxe convértese  no centro dunha trama argumental –unha auténtica road movie– trazada con moitos diálogos, frases curtas e numerosos personaxes: un total de 153, tal como contou o seu colega leonés  José María Merino, que conviven nun mundo tan irreal como verdadeiro.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAAsemade, percorremos coa Oruga as terras altas leonesas, descubrimos a personalidade Sebastián Onollo, as súas múltiples aventuras amorosas –“hay varias mujeres por estas plazas y con casi todas tengo algún débito”, como Marina, Lía, Oneida, Lira– e unha paisaxe humana tan variada como os lugares que visita o viaxante, sempre mergullado entre pousadas, tendas, bordeis, e outros lugares literarios. Un oasis, ateigado de silencios e rexoubas, que marcan a ruta deste home que atravesa un camiño de perdición, e se mergulla nunha paisaxe sen saber cal é exactamente o seu destino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *