El Rey de La Habana, de Pedro Juan Gutiérrez

el reyXerardo AgraFoxo. Reynaldo, un mozo de Centro Habana, contempla un día dende a súa azotea unha escena que lle marcará o seu destino: a morte accidental de súa nai e o suicidio de seu irmán Nelson, que se lanza contra a rúa e rebenta o cranio catro andares abaixo. Con trece anos, quedou sen fala. E, sen saber reaccionar, a policía levouno nun furgón, meteuno nunha cela, interrogouno durante tres días –“¿Por que los mataste?”– e recluírono nun correccional, de onde conseguirá fuxir,  amargado e receoso, tres anos máis tarde. Entón comeza a súa vida polos labirintos da capital, onde ofrece como tarxeta de visita a súa pinga de vinte e tres centímetros. Será un pícaro  –Rey– acosado pola fame e a policía. Na súa andaina a través dos lugares máis sórdidos, atoparase con varias persoas que, coma el,  viven á marxe da sociedade: a “jinetera” Magda, a xitana Daisy, a negra Katia e a travestí Sandra. Unha fauna que retrata un mundo – case apocalíptico– que non garda relación cos principios da Revolución. EL Rey de la Habana convértese así nunha obra cunha profunda carga sociolóxica.el rey2 Talvez a circunstancia que levou a Agustí Villaronga (Pa negre, 2010) a realizar a película que acaba de presentar no último Festival de San Sebastián, onde a actriz  Yordanka Ariosa gañou a Concha de Prata.

Mentres Laurent Cantet rodara Regreso a Itaca (2014), baseada nun relato de Leonardo Padura, nunha azotea do Malecón, Villaronga tivo que desprazar as súas cámaras ata Santo Domingo.  Pero, curiosamente, malia os permisos conseguidos, a película do realizador francés prohibiuse despois no último Festival de Cine Latinoamericano celebrado na Habana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *